A melloría acelera e estamos moi preto de baixar por vez primeira a nova normalidade

Mínimo histórico de incidencia semanal e mínimo histórico de taxa de positividade, polo menos desde que hai datos fiables. Os 33 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a seguir rebaixando todos os índices da pandemia e, ademais, a unha velocidade altísima.


|


Mínimo histórico de incidencia semanal e mínimo histórico de taxa de positividade, polo menos desde que hai datos fiables. Os 33 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a seguir rebaixando todos os índices da pandemia e, ademais, a unha velocidade altísima.


Os casos activos continúan á baixa en todos as áreas, aínda que Ourense está practicamente estancada. O ritmo de descenso está preto do máximo nunca observado.


incidencia acumulada semanal cae case un punto e pasa de 13,1 a 12,2 positivos por cada 100.000 galegos. Salvo sorprendente cambio de rumbo, esta semana deberiamos baixar de 10. Galicia conquistaría entón por vez primeira o nivel de nova normalidade na escala deste índice no semáforo oficial de alertas covid-19. Por agora seguimos en risco baixo.


incidencia acumulada a 14 días descende de 35,4 a 33,5. Este indicador que depende de máis días aínda non está en mínimos históricos, está en niveis similares a finais de xuño e algo superiores aos de agosto 2020. No semáforo, correspóndelle risco baixo tamén.


O dobre da incidencia semanal ( 26,2 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 35,5 ). Sabemos pois que na última semana houbo menos positivos que na penúltima. Cantos menos? Como a razón de taxas entre as incidencias é de 0,73, un 27% de descenso semanal de positivos.


Acelera ou frea a melloría? Acelera, pouquiño, pero acelera. Onte a razón de taxa era do 0,74. Levamos todo o mes sen subir de 0,8 e chegamos a alcanzar o 0,70. Xamais se mantivo tanto tempo unha caída tan veloz de diagnósticos.


A taxa de positividade onte foi do 1,2%. Un pouquiño peor que a de onte, 1,1%; pero suficiente para seguir afundindo o que importa realmente, que é a media semanal, que cae de 2% a 1,9%.  Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no mellor dos niveis posibles. Correspóndelle nova normalidade ás autonomías cunha media semanal inferior ao 4%. Levamos nel trece días seguidos.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -7,8%. O indicador máis relevante, a media móbil a sete días mellora bastante, ao caer de -7% a -7,4%. 





A derivada da curva de casos activos sérvenos para medir o rumbo e a velocidade da pandemia. Ao estar en valores negativos, sabemos que cada vez hai menos infectados. Ao observar que cada día eses valores son máis negativos, sabemos que a velocidade de descenso está a acelerar. Xamais houbo unha melloría tan veloz durante tanto tempo.



En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -103 ,que deixa o total en Galicia en  1.207 casos activos. É a mellor cifra de todo o ano e a mellor desde o 13 de agosto de 2020.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • Os indicadores da pandemia en Galicia non estaban tan baixos desde o espertar da segunda onda, alá por agosto de 2.020. Posiblemente agora a circulación real sexa mesmo inferior que a entón, cando había escaseza de PCRs.
  • O coronavirus segue baténdose en retirada. Cada día que pasapierde terreo. É máis, cada día que pasa perde máis terreo que o día anterior. Isto é algo totalmente excepcional. O pico da quinta onda foi a finais de xullo. A finais de setembro, a experiencia de ondas previas dinos que deberiamos estar, con sorte, nunha fase de planicie ou lixeiro ascenso. 
  • Con este panorama, é probable que Galicia conquiste a nova normalidade en incidencia semanal. Algo que logrou, por exemplo, os nosos veciños asturianos. 

DATOS POR ÁREAS

Lugo e Ourense son os distritos que máis positivos comunican hoxe e só son 8 cada un. Por segunda xornada seguida ningunha área chega aos 10. Lugo e, especialmente, Ourense son as áreas onde menos está a mellorar a pandemia ultimamente. En gran medida, debido aos brotes escolares de Foz e O Barco.  





Ferrol encadea dous días sen ningún enfermo crítico nin en cama convencional. A Coruña é a área que lida con máis hospitalizados, 20 en total, 5 críticos. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.  


E




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE