Uns días máis así e Galicia baixará a nova normalidade en incidencia semanal por primeira vez




Ourense é a única área na que a melloría titubea. Moitos dos positivos poden proceder dos centros escolares onde a Xunta está a realizar cribados, aínda que isto é imposible discernirlo debido á opacidade da Administración. En todo caso, eses cribados non están a provocar unha subida importante da taxa de positividade. 


|



Galicia dá outro paso cara á nova normalidade grazas aos 57 novos positivos por PCR comunicados hoxe. Son tres máis que onte pero bastan para rebaixar máis os índices semenales e bisemanais, que é o que realmente importa.


Ourense é a única área na que a melloría titubea. Moitos dos positivos poden proceder dos centros escolares onde a Xunta está a realizar cribados, aínda que isto é imposible discernirlo debido á opacidade da Administración. En todo caso, eses cribados non están a provocar unha subida importante da taxa de positividade. 





incidencia acumulada semanal cae de 17 a 16 casos por cada 100.000 galegos á semana. É o menor valor en toda a pandemia, polo menos desde que Galiciapress recompila datos, agosto de 2020. É posible que circulase menos virus tras o confinamento da primavera de 2020, pero os datos de entón non son fiables, debido ás escasísimas PCRs que se facían. En todo caso, se Galicia aguanta unha semana máis con este descenso baixará de 10 e conquistará por vez primeira a nova normalidade na escala para este indicador do semáforo de alertas oficial. Por agora seguimos en risco baixo. 





incidencia acumulada a 14 días descende de 45 a 42. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, continuamos en risco baixo. Este índice está a piques de bater o seu mellor rexistro deste ano. Na primavera chegou a 40, tras a retirada da terceira onda.


O dobre da incidencia semanal (34) é menor que a incidencia bisemanal (42). A razón de taxas resultante é 0,75. Isto quere dicir que na última semana houbo un 25% menos de positivos que na penúltima.


Este descenso do 25% supón unha lixeira melloría respecto a os últimos días, cando a melloría perdeu un pouquiño fol ata poñerse en descensos do 21%. Son, en todo caso, caídas moi importantes. 


A taxa de positividade onte  é o único dato que non resulta tan bo. Foi só do 2,2%, que é unha subida significativa respecto ao bo 1,6% do día anterior. En todo caso, o que importa verdadeiramente é a media móbil a sete días. Este indicador segue baixando, pasa de 2,6% a 2,5%, nivel de nova normalidade na escala deste índice do semáforo de alertas.  



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -6,8% .A media semanal, o indicador máis relevante, dá un pasiño na boa dirección, aínda que cativo, cae do -6,8% ao -6,9%. 


A derivada da curva de casos activos cóntanos que a maior velocidade de baixada é xa cousa do pasado. Con todo, a diferenza doutras ondas, a curva non empezou a aproximarse velozmente a cero, denotando a chegada doutra onda. Segue en valores negativos moi relevantes. Unha diferenza que non ten outra explicación que a maior vacinación, dado que cada vez hai menos restricións.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -46, que deixa o total en Galicia en  1.563  casos activos


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue perdendo terreo en case todas as frontes. A velocidade da melloría segue sendo moi considerable, aínda que xa non sexa tan vertixinosa como a mediados de setembro.
  • A relativa perda de velocidade da melloría non é indicio de ningún repunte, polo menos por agora. De feito, é excepcional que aínda haxa descensos tan importantes como os actuais cando o pico da última onda foi hai xa dous meses e cada vez hai menos limitacións. Diferenza que se debe sobre todo á alta vacinación. 
  • O único nuboeiro no horizonte de Galicia é a comunidade escolar. Os menores de 12 anos non están vacinados e, por tanto, presentan uns índices de positivos considerables. Por exemplo, os datos do Ministerio indican que a incidencia acumulada a 14 días dos nenos de menos de 12 anos en Galicia é de 114, que é máis do dobre que o da poboación xeral.
  • Hai que recorrer a os datos do Ministerio porque a Xunta xamais facilitou datos de incidencia por idades, polo menos de maneira regular. É máis, o Goberno Gallego está a aumentar a opacidade, ao non enviar os informes diarios de casos activos en cada centro escolar, informes que si remitiu o curso pasado. 
  • A falta de transparencia nun sector crave neste momento da pandemia pode dar lugar a unha perigosa sensación de que a crise está do todo superada, o que non é certo. Basta ver os datos da área sanitaria de Ourense, que hoxe suma outro repunte de casos activos, debido ao brote nun CEIP no Barco, que a Xunta non recoñeceu ata despois de varios días.

DATOS POR ÁREAS

Ourense (16) é a área con máis novos positivos, algo que sen dúbida ten que ver con o brote escolar no Barco. Ourense é tamén a única área onde soben os casos activos, aínda que sexa minimamente. Ourense é tamén o único distrito de toda Galicia onde subiron os casos activos algún día neste mes de setembro, aínda que a tendencia xeral sexa á baixa. 





Na fronte hospitalaria, destacar que en Ferrol non queda ningún enfermo en UCI e só 1 en planta convencional. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


C0YDy  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE