Dous detidos en Xunqueira de Espadanedo por ter plantas de marihuana de máis de tres metros e 100 quilos
As dez plantas superaban o 100 kg de peso e tiñan unha dimensión por encima dos tres metros de alto.
Os dous detidos son o propietario da leira e o dono da plantación. Acúsaselles dun delito contra a saúde pública.
Plantas de Xunqueira de Espadanedo | Foto: EP
Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública en Xunqueira de Espadanedo e incautáronse de dez plantas de 3,45 metros cun peso de 102 quilogramos.
Segundo informou a Policía Nacional, o Grupo de Estupefacientes da Comisaría Provincial, ao ter coñecemento de que na zona de Xunqueira de Espadanedo podía haber unha plantación de marihuana, iniciou unha investigación este mes que culminou o 21 de setembro coa detención de dous homes.
No transcurso da investigación determinouse "o lugar exacto onde se sitúa a plantación", destaca a Policía Nacional, así como o propietario da leira.
Na mañá do día 21 axentes do Grupo de Estupefacientes procederon á detención dos presuntos autores, un deles o propietario da leira e o outro home o dono das plantas, e a incautación de 10 plantas de marihuana duns 3,45 metros de altura cun peso de 102 quilogramos en total.
Ambos os arrestados en relación con estes feitos quedaron en liberdade en dependencias policiais.
Escribe o teu comentario