O foco no Barco fai que Ourense sexa a primeira área onde soben os casos de covid este mes
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que A Mariña, onde o foco cun brote escolar de Foz segue crecendo, Valdeorras, co Barco á alza, e Lemos, onde está o brote de DomusVi Monforte, están entre as comarcas con peores índices nestes momentos.
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que A Mariña, onde o foco cun brote escolar de Foz segue crecendo, Valdeorras, co Barco á alza, e Lemos, onde está o brote de DomusVi Monforte, están entre as comarcas con peores índices nestes momentos.
A nivel de cidades, Lugo e Ferrol aguantan no verde da nova normalidade, con menos de 10 diagnósticos no últimos sete días. Santiago e A Coruña están en risco baixo -cor amarela no mapa- e ademais con forte tendencia á baixa, polo que poderían conquistar tamén a nova normalidade pronto. As únicas cidades que seguen en risco medio son Vigo e Ourense, que tamén tenden á baixa, aínda que con menor velocidade.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0,71%, o que quere dicir que na última semana houbo un 21% menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.
Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:
- Cambre 0,00
- Culleredo 0,00
- Santiago de Compostela 0,35
- Coruña (A) 0,49
- Pontevedra 0,73
- Arteixo 0,82
- Monforte de Lemos 0,84
- Ourense 0,86
- Vigo 0,95
Municipios onde os positivos nin soben nin baixan desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é exactamente 1:
- Ames 1,00
Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:
- Barco De Valdeorras (Ou) 1,82
- Foz 1,88
No caso de Foz, o crecemento do virus explícase por o brote detectado no CEIP Cantel, que onte representaba máis do 60% de todos os do municipio. O foco empezouse a detectar o xoves, polo que vai cumprir unha semana e aínda segue crecendo.
No caso de O Barco non está tan claro cáusaa da alza de covid. Sabemos que o venres pasado o municipio non chegaba a 10 casos activos. Cinco días despois son 31. A Xunta non informou de ningún brote en asilos do Barco. Así que hai dúas causas probables, non incompatibles, ou algún brote escolar -Educación segue sen dar cifras de contagios nos colexios- ou as recentes Festas do Cristo, que empezaron o día 10.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:
- Foz +1
- Arteixo +3
- Pontevedra +4
- Barco De Valdeorras (Ou) +5
- Monforte de Lemos +8
Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Coruña (A) -14
- Ourense -4
- Santiago de Compostela -2
- Vigo -2
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DIARIA DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
O distrito sanitario de Ourense sobe de 223 a 225 casos activos. É unha alza mínima e oxalá que acabe sendo irrelevante. Con todo, hai que estar atentos, pois o a primeira vez que sobe un distrito en todo setembro. A subida ourensá explícase sobre todo polo foco do Barco, pois a capital e todas as outras vilas presentan razóns de taxas á baixa.
Os casos activos continúan en descenso no conxunto da Comunidade galega e sitúanse en 1.819, que implican 107 menos que os rexistrados a xornada anterior, ao haber de novo máis altas (189) que contagios (84), ao que se suman dúas vítimas mortais.
Por iso, Galicia mantense por baixo dos 2.000 casos activos de Covid-19 ao termo do verán, que implica niveis de finais do pasado mes de xuño.
En concreto, as infeccións activas volven descender en seis das sete áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que aumentan lixeiramente (+2). Á cabeza na baixada está a da Coruña e Cee (-43); seguida da de Vigo (-28); Lugo (-13); Pontevedra e O Salnés (-9); Santiago e Barbanza (-8) e Ferrol (-8).
DATOS DE HOXE POR ÁREA
Os contagios de Covid-19 aumentaron a 84, o que supón 36 máis que os 48 da xornada anterior, tras arrincar a semana con 61, polo que se manteñen ao termo do verán por baixo do centenar.
En concreto, os positivos con probas de diagnóstico de infección activa confirmados nas últimas 24 horas ascenderon a 86, que implican 38 máis que a xornada pasada. Do total, 20 corresponden á área de Lugo; 19, á área de Vigo; 17, á de Ourense; 13, á de Santiago e Barbanza; nove, á de Pontevedra e O Salnés; seis, á da Coruña e Cee; e dous, á de Ferrol.
PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA
A presión hospitalaria baixa en tres áreas sanitarias --A Coruña e Cee, Lugo e Vigo--; aumenta lixeiramente na de Ourense, que conta con cinco pacientes Covid en UCI --uno máis-- e oito noutras unidades --sen cambios--, mentres que se mantén nas outras tres --Pontevedra e O Salnés, Santiago e Barbanza e Ferrol--.En concreto, na da Coruña e Cee seguen oito pacientes ingresados pola Covid-19 en UCI e descenden a 14 os doutras unidades --tres menos--; e na de Vigo baixan a catro os críticos --dous menos-- e a tres os hospitalizados noutras unidades --uno menos--.
Na de Lugo descenden a tres os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 13 os ingresados noutras unidades --dúas menos--; mentres que na área de Santiago e Barbanza aumentan a dúas o críticos --un máis-- e baixan a oito os doutras unidades --uno menos--.
Sen cambios seguen as de Pontevedra e O Salnés, cunha persoa en UCI e sete noutras unidades; e a de Ferrol, sen críticos desde a xornada do martes e con tres noutras unidades de hospitalización.
Escribe o teu comentario