Público de pé no Portamérica 2021 con abonos á venda o xoves 23 de setembro

O Portamérica estrea formato que permite ao público moverse por un dos 8 sectores fronte ao escenario.Así o presentou a promotora Esmerarte nun acto hoxe na Azucareira de Caldas de Reis, nova sede do evento.


|

Canso dos festivais que obrigan a estar sentado durante os concertos? O Portamérica estrea formato que permite ao público moverse por un dos 8 sectores fronte ao escenario.


Presentaciu00f3n Portamu00e9rica 2021




Así o presentou a promotora Esmerarte nun acto hoxe na Azucareira de Caldas de Reis, nova sede do evento. O cartel xa se coñecía (Vetusta Morla, Deluxe, Novidades Carminha, etc.) e desde este martes coñecemos os detalles da organización.


A nivel práctico, é importante sinalar que haberá  catro liñas de autobuses para chegar ao recinto, que farán viaxes de ida e volta entre Caldas e Santiago de Compostela,

Cambados – Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.


SÓ ABONOS

A venda de abonos empezará o xoves 23 de setembro ás 13 horas. Non haberá entradas dun día. Iso si, os "Os portamericanos crentes que xa dispoñan de entrada para 2022 terán acceso a unha preventa anticipada e con desconto. Será o xoves 23 de setembro de 10 a 13h", apuntan desde Esmerarte.


A nivel social, destaca a celebración por terceiro ano de "Unha entrada, unha árbore", que leva xa máis de 4.000 árbores plantadas en Xiabre. Ademais, a organización lanza incitiva "É normal", que inclúe "barras feministras" -bautizadas con nomes de galegas pioneiras- e formación a cargo de Cruz Vermella Pontevedra.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE