Centos de galegos con discapacidade recibirán formación acreditada coa axuda da ONCE e Emprego

A Consellería de Emprego e Igualade, a entidade de formación da ONCE Insere Emprego e a propia fundación asinaron un convenio que permitirá á Xunta acreditar as competencias que uns 200 alumnos con discapacidade recibirán no marco dos programas operativos de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 e de Emprego Xuvenil que desenvolve a ONCE, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

|

Hai cursos para formarse en actividades administrativas, seguridade privada, comercio e limpeza, entre outros sectores. A formación impártese tanto en liña como presencialmente.


Unha pasada xornada formativa organizada por Insire Emprego e a Xunta nunha foto de arquivo

Unha pasada xornada formativa organizada por Insire Emprego e a Xunta nunha foto de arquivo 


A Consellería de Emprego e Igualade, a entidade de formación da ONCE Insere Emprego e a propia fundación asinaron un convenio que permitirá á Xunta acreditar as competencias que uns 200 alumnos con discapacidade recibirán no marco dos programas operativos de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 e de Emprego Xuvenil que desenvolve a ONCE, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.


En concreto, conforme detallou o departamento que dirixe María Jesús Lorenzana, a Administración autonómica contribuirá a acreditar a cualificación impartida a través de doce itinerarios formativos (nove en modalidade presencial e tres en liña) a persoas con discapacidade, o que lles permitirá mellorar as súas opcións ante o mercado laboral.

Unha vez terminada a formación e constatando o cumprimento de requisitos das persoas participantes, a Consellería de Emprego e Igualdade, emitirá os correspondentes certificados de profesionalidade.


ACCIÓNS FORMATIVAS EN SEIS CIDADES

As accións formativas previstas por Insere Emprego ata o próximo mes de novembro, que irán das 210 ás 800 horas segundo a temática, impartiranse na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo e Ourense.

En modalidade presencial, con grupos de 15 alumnos, ofrecerase capacitación en materia de vixilancia, seguridade privada e protección de persoas; actividades auxiliares de almacén; actividades administrativas na relación co cliente; operacións de auxiliares de servizos administrativos e xerais; limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, así como actividades auxiliares de comercio.

A formación en liña, pola súa banda, focalizarase na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; actividades administrativas en relación co cliente e docencia da formación profesional para o emprego.

A Xunta destacou a súa aposta pola formación profesional como instrumento básico, dentro das políticas activas de emprego, para potenciar a inserción e reinserción profesional das persoas con discapacidade mediante a cualificación ou posta ao día das súas competencias profesionais. Tamén para dar resposta eficaz ás demandas do mercado de traballo para atender novas oportunidades de emprego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE