Enésima plantación de marihuana descuberta en Galicia no último mes: detido un veciño dos Blancos
O equipo Roca da Garda Civil de Celanova detivo a un veciño dos Blancos de 43 anos de idade como presunto autor dos delitos de tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico.
A plantación, en Bande, contaba con 118 plantas de marihuana nunha plantación idoor.
Silleda, Santiago, A Pobra, Cualedro, O Saviñao ou Negreira son algunhas das localidades nas que se detectaron plantacións no último mes.
Plantación en Bande | Foto: EP
O equipo Roca da Garda Civil de Celanova detivo a un veciño de Os Blancos de 43 anos de idade como presunto autor dos delitos de tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico.
Así o informou o Instituto Armado, que indicou que se lle imputa cultivo de marihuana nunha vivenda que tiña alugada en Buxán, en Bande, na que foron aprehendidas 118 plantas de marihuana en plantación indoor, así como material para cultivo e tratamento das plantas.
O detido tiña a luz conectada directamente á rede eléctrica puenteando o contador, destacaron as mesmas fontes da Benemérita.
As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Bande.
Escribe o teu comentario