A veloz melloría segue e o SERGAS publica datos erróneos de hospitalizados en Ourense


Os 148 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra en toda esta quinta onda. Serve para seguir rebaixando todos os índices, aínda que de maneira algo máis leve que en días anteriores.


|


Os 148 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra en toda esta quinta onda. Serve para seguir rebaixando todos os índices, aínda que de maneira algo máis leve que en días anteriores.


Os casos activos continúan baixan en máis de 400 nun só día. Tamén caen o hospitalizados pero, ao contrario do que informou inicialmente Galiciapress coas cifras do SERGAS, en Ourense si quedan enfermos críticos e hospitalizados.


A razón do erro é que a web oficial do SERGAS presenta hoxe uns datos incorrectos, segundo fontes oficiais da Consellería, no referido, polo menos, os ingresados en Ourense. Na base de datos oficial aínda aparecen agora, ás 15 horas da tarde, do venres 0 hospitalizados  e 0 críticos no CHOU, cando hai 14 hospitalizados e 8 críticos, segundo os portavoces. 




 


Nota metodolóxica:

Como non hai constancia oficial de que ningún dos outros índices da base de datos do SERGAS estea mal e esa base de datos segue publicada sen correccións ás 14:50 desde a súa publicación inicial ás 10 da maña, os indicadores doutras variables (contaxios, taxa de positividade, razón de taxas. ..) mantéñense como na versión inicial desta noticia. As únicas cifras que hai que coller con cautela son, por agora, as de hospitalizacións. 



incidencia acumulada semanal baixa de 47 a  44 positivos por cada 100.000 galegos, o nivel máis baixo desde xuño.


incidencia acumulada a 14 días cae case 11 puntos nun só día. Ponse en 121, o nivel máis baixo desde o 7 de xullo.


O dobre da incidencia semanal (  88 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 242  ). Así sabemos que na última semana houbo menos positivos que na penúltima. Cantos menos? Como a razón de taxas é de 0,74, pois un 26% menos.


Sendo como é un dato excelente, ese 26% implica que a melloría perdeu algo de velocidade, pois onte a baixada era do 29% e antonte do 27%. 


A taxa de positividade onte foi do 4,4%, a peor no últimos tres días. Nisto inflúe as poucas PCRS realizadas, non chegaron nin a 4.400.



SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Con todo, o indicador que realmente importa, a media móbil semanal a sete días da taxa de positividade segue á baixa. Cae de 5,1% a 4,8%. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue en  risco baixo pero vai achegándose á nova normalidade. Correspóndelle nova normalidade ás autonomías cunha media semanal inferior ao 4%. De manter este rumbo, Galicia deberíaa conquistar antes dunha semana.





A incidencia semanal mantense en risco medio e aí manterase  toda a próxima semana aínda que sigamos mellorando tan velozmente como agora, pois necesitamos rebaixala  a 25 para conquistar o risco baixo. Con todo, de seguir igual de ben, a incidencia semanal de Galicia entrará en risco baixo antes de que acabemos setembro. Sería algo clave, pois en toda a pandemia o país só ha conquistado o risco baixo durante tres semanas de xuño, se exceptuamos a melloría tras a primeira onda, cando os datos estatísticos aínda non eran fiables e tampouco existía o semáforo.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un extraordinario -8,9% . É o maior descenso relativo no que llevmos de ano. A media semanal, o indicador máis relevante benefíciase deste dato e avanza na boa dirección, pasando de -6,2% a -6,7%. Por segundo día consecutivo, este indicador bate o seu récord. Xamais Galicia perdera casos activos de forma tan rápida.

 
En, termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -407 ,que deixa o total en Galicia en  4.386 casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia está a retroceder a gran velocidade. Á máxima velocidade nunca vista no referido a casos activos e a unha das máximas velocidades vistas no referido aos contaxios.
  • A melloría vai camiño dos dous meses. Xamais Galicia encadeara un período tan longo de diminución de contaxios, salvo tras a primeira onda, cando saïamos dunha situación de confinamento total. Isto é imposible de explicar sen ter en conta a elevada taxa de vacinación, que supera o 80%, aínda que existan outros factores.
  • Por agora non hai indicio algún de repunte, aínda que é certo que, desde unha perspectiva semanal, os positivos non baixaron de maneira tan fulgurante como en pasados días. 

DATOS POR ÁREAS

A Coruña (46) é con moita diferenza o distrito que máis contaxios comunica hoxe, pois o seguinte é Lugo e só son 27. Ferrol encadea xa cinco días con menos de dez contaxios diarios, hoxe 3.





 

 C0YDy  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE