Avanzan dous parques eólicos na Baña e Val do Dubra de Capital Energy con capital saudita
As súas tres turbinas de 4,5 MW sumarán unha capacidade de 13,5 MW e poderán xerar máis de 43.400 MWh. EMPLEOLos promotores afirman que a construción destes dous parques e as súas infraestruturas de evacuación de electricidade asociadas, que se prevé que comece durante o primeiro trimestre de 2023, propiciará a creación de máis de 230 postos de traballo na contorna rural durante os períodos punta das obras. O nivel de emprego é moitísimo menor unha vez que se poñen en funcionamento.
A Xunta acaba a sacar a información pública as solicitudes de autorización de dous novos parques eólicos da compañía: Vilartoxo e Barrosino. A promotora é a española Capital Energy, que conta co apoio financeiro da saudita Alfanar.

A compañía madrileña informa que Vilartoxo e Barrosino contarán con nove turbinas e xerarán uns 128.400 megawatts hora (MWh) de electricidade ao ano, equivalentes ao consumo de máis de 53.000 fogares galegos. Unha potencia que evitará a emisión anual á atmosfera de máximo de 51.000 toneladas de CO2.
De dar luz verde a Xunta aos proxectos tal como están, o Parque eólico Vilartoxo estaría nos concellos de Val do Dubra e A Baña e a súa construción implicará un investimento de 21,5 millóns de euros. Cunha potencia instalada de 27 MW, distribuída en seis aeroxeradores de 4,5 MW, será capaz de producir 85.000 MWh.
O Parque eólico Barrosino estaría situado no concello da Baña, o seu desenvolvemento supoñerá un investimento de case 11,2 millóns de euros. As súas tres turbinas de 4,5 MW sumarán unha capacidade de 13,5 MW e poderán xerar máis de 43.400 MWh.
EMPREGO
Os promotores afirman que a construción destes dous parques e as súas infraestruturas de evacuación de electricidade asociadas, que se prevé que comece durante o primeiro trimestre de 2023, propiciará a creación de máis de 230 postos de traballo na contorna rural durante os períodos punta das obras. O nivel de emprego é moitísimo menor unha vez que se poñen en funcionamento.
Escribe o teu comentario