Programa do WOS Festival 2021: música de vangarda e reflexión sobre a ecoloxía en concertos gratis ao aire libre

Estes eventos terán lugar en zonas exteriores da Cidade da Cultura e o Parque de Bonaval, con carácter gratuíto e abertos ao público da cidade.WOS Goes Green que se desenvolverá á vez que a programación musical habitual.


|

Este ano o festival de música de vangarda Wos de Santiago de Compostela engade un conxunto de actividades de carácter gratuítas que teñen lugar en contornas naturais de alto valor patrimonial. O WOS Goes Green  busca xerar debate sobre cohabitación e a importancia da ecoloxía urbana.


Galya Bisengalieva

Galya Bisengalieva nunha imaxe promocional da súa web


En colaboración co Museo de Historia Natural, esta nova área de programación incluirá un paseo bioacústico polo Río Sarela, coa participación de Cristina Fuentes, bióloga especializada en educación ambiental e patrimonio, e Carlos Suárez, artista sonoro, etnomusicólogo, deseñador de instrumentos e compositor de paisaxes sonoras. 


Ademais, o evento incorpora á programación dj sets de BFlecha, Toccororo, Fatfish e Arnau Sabaté. Estes eventos terán lugar en zonas exteriores da Cidade da Cultura e o Parque de Bonaval, con carácter gratuíto e abertos ao público da cidade.


WOS Goes Green que se desenvolverá á vez que a programación musical habitual. A última incorporación ao cartel son os xermanos Driftmachine, quen tocará no Túnel da Cidade da Cultura.  Contorna perfecta para o seu son é simétrico, obsesivo e posúe moitas capas. O gran referente o ambiente Kmru (Quenia), a compositora e violinista Galya Bisengalieva (Casaquistán ), Elori Saxl (Estados Unidos) e Grand River (Holanda / Italia) son outras das figuras relevantes do cartel deste ano. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE