(VÍDEO) 'Maldito Murphy' xoga en casa o próximo 4 de setembro no Festival Terraceo
A banda viguesa é unha das últimas confirmacións do exitoso festival da cidade olívica, por onde pasaron bandas como 'Taburete', 'Nach' ou 'Jorge Drexler'.
A banda viguesa é unha das últimas confirmacións do exitoso festival da cidade olívica, por onde pasaron bandas como 'Taburete', 'Nach' ou 'Jorge Drexler'.
'Maldito Murphy', que ultima o seu novo disco, promete un bo número de sorpresas na súa actuación como locais na cidade que os viu nacer.
Para quentar motores, a banda galega ha estreado esta mesma semana o teaser do seu último tema, "Libres", que se trata ademais de o segundo adianto do seu último traballo. Baixo a dirección e realización Antía González Álvarez, o videoclip avanza un pouco a canción que sairá o próximo 14 de setembro en plataformas dixitais.
O que non cabe dúbida é que aqueles que se acheguen ao Festival Terraceo o próximo 4 de setembro no Auditorio Mar de Vigo, co inigualable pano de fondo das Illas Cíes, poderán escoitar algún dos seus temas inéditos da banda viguesa para delicia dos incondicionais que asistan á premier de 'Horizontes'.
Escribe o teu comentario