O Grove queda sen Festa do Marisco outra vez debido ao impacto da quinta onda do coronavirus
O Concello do Grove (Pontevedra) decidiu suspender por segundo ano consecutivo a celebración da Festa do Marisco, prevista para o mes de outubro, por motivos sanitarios relacionados coa pandemia.
O alcalde di que non pode asumir os gastos fixos de 300.000 euros e á vez correr o risco de só poder ofrecer o 30% do aforo e con limitacións para as consumicións
Unha muller camiña por unha rúa do Grove, o día en que entra en vigor o peche perimetral do municipio, ao 8 de abril de 2021
O Concello do Grove (Pontevedra) decidiu suspender por segundo ano consecutivo a celebración da Festa do Marisco, prevista para o mes de outubro, por motivos sanitarios relacionados coa pandemia.
QUINTA ONDA
"En abril e maio, tanto as noticias que nos chegaban como as previsións para os seguintes meses eran optimistas e dábannos pé a preparar a festa", sinalou este venres o alcalde, José Cacabelos, que lamentou que a chegada da quinta onda truncase as previsións do seu goberno."Levamos desde xuño esperando boas noticias sanitarias pero non só non dan chegado senón que, no caso do Grove, empeoraron e hoxe somos o único concello de Galicia en nivel máximo", apuntou o rexedor.
VAISE ACABANDO O TEMPO
As restricións asociadas a ese nivel, recoñece o rexedor, fan que, a pouco máis dun mes do inicio da celebración, "sexa imposibles xestionar un evento como a Festa do Marisco".Cacabelos indicou que celebrar coas actuais restricións a festa significaría ter que controlar accesos de entrada, non permitir colas nin na compra de tickets nin nos postos de produto, ademais de que todo o público tivese que estar sentado e ter servizo en mesa.
E todo iso con un aforo do 30%, o que, en palabras do primeiro edil do Grove, "fai totalmente inviable" celebrar a festa ao ser "totalmente incompatible" coas medidas sanitarias impostas desde as administracións.
CUSTO ECONÓMICO
O rexedor argumenta que, ademais, trátase dun evento gastronómico que necesita "dunha elevada afluencia de xente para soportar o ato custo que supón levala adiante".
Cacabelos asegura que o concello "non pode permitirse o luxo" de adiantar os 300.000 euros de custos fixos que carrexa o inicio da organización da festa "e despois non poder recuperalos".
Escribe o teu comentario