Todo listo para a edición 52 do Rally de Ferrol

Tamén participaron o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe; a deputada provincial Ana Lamas; o presidente da RFEDA, Manuel Aviñó; o bicampión do mundo de rallies Luís Moya; o presidente de Suzuki Motor Ibérica, Juan López Frade, e o presidente de Escuadra Ferrol, Germán Castrillón.Moya e o alcalde no acto desta mañanaEl presidente da Escuadra Ferrol, Germán Castrillón destacou o feito de alcanzar 52 edicións consecutivas, sen interrupción, cun evento que constitúe "un importante reclamo" para toda a comarca. A que será a sexta proba do Campionato de España é terá a saída oficial o venres ás 17.00 horas desde a Avenida de Esteiro.


|

A cidade departamental acollerá unha nova edición do Rally de Ferrol o venres 20 e sábado 21 de agosto, que é a número 52. 


Esta venres o alcalde, Ángel Mato, presentou a proba no concello. Tamén participaron o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe; a deputada provincial Ana Lamas; o presidente da RFEDA, Manuel Aviñó; o bicampión do mundo de rallies Luís Moya; o presidente de Suzuki Motor Ibérica, Juan López Frade, e o presidente de Escuadra Ferrol, Germán Castrillón.


2021 08 13RaliFerrol01

Moya e o alcalde no acto desta mañá



O presidente da Escuadra Ferrol, Germán Castrillón destacou o feito de alcanzar 52 edicións consecutivas, sen interrupción, cun evento que constitúe "un importante reclamo" para toda a comarca. 


A que será a sexta proba do Campionato de España é terá a saída oficial o venres ás 17.00 horas desde a Avenida de Esteiro. A proba concluirá o sábado ás 16.40 horas no mesmo punto. O percorrido xa se pode consultar na web da organización.


Como novidade respecto a pasadas edicións, a dirección e os controis de carreira trasladaranse este ano ao Parador, debido a que FIMO está ocupada polo centro de vacinación do covid. 


Para o presidente da RFEDA estamos ante un rally "dos que fan aprendizaxe para os mozos" pola súa dificultade. Pola súa banda o edil Ángel Mato dixo na presentación do evento deportivo que a administración local pon ano tras ano "todos os medios" ao seu alcance para o desenvolvemento dunha proba que dea unha gran proxección á cidade. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE