Galicia recibe 8.700 dose de Pfizer, a Xunta vese atacada e Miñones replica que toca compensar as que houbo de máis


|

Análise da repartición de vacinas covid entre autonomías mostra que Moncloa non discrimina a ningunha comunidade pero o SERGAS di que está a ser atacado


Galicia está a recibir agora menos doses por ter menos novas e recibiu máis doses ao principio por ter máis anciáns, o mesmo que lle pasa a Asturias, gobernada polo PSOE





O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reafirmouse en que o sistema de vacinación de Galicia está "a ser atacado" polo Goberno central e volveu a queixarse de que a Comunidade non vaia a recibir dose do lote de 3,4 millóns de viais que anunciou o xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, no cume de presidentes de Salamanca.


POR QUE MENOS AGORA?

O Delegado do Goberno rebate á Xunta.  José Miñones  lémbralle que "toca ser solidaria" co resto de España. O socialista argumenta que Galicia ao ter unha poboación máis envellecida, recibiu maior número de vacinas ao comezo. 


O delegado do Goberno indicou que agora "ocorre o oposto", ao estar a vacinar á poboación máis nova e Galicia ter menos novas. Coas vacinas extras que cheguen, o Goberno o que fará Moncloa será "tentará equilibrar".

 

MODERNA POR PFIZER?
Na súa intervención, o conselleiro insistiu en que, segundo os datos que lle facilitou o Ministerio de Sanidade, Galicia manterase allea a esas doses anunciadas "aos catro ventos" por Sánchez, aínda que posteriormente introduciu un matiz, ao ser preguntado pola procedencia das 8.700 vacinas de Pfizer enviadas á Comunidade para compensar a redución de Moderna.

"Como non sabemos como se van a distribuír, non sabemos se estas 8.700 de Pfizer para compensar a redución de Moderna corresponden a eses 3,4 millóns ou a outro grupo. Que 8.700 vacinas non dificulten a visión de que Galicia non recibe ningunha dose dos 3,4 millóns anunciados", respondeu, á vez que volveu a reclamar "transparencia" e "información" sobre os criterios de repartición.

Máis aló, sobre a reprogramación que supuxo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, aludiu a 10.000 dose de Moderna. En concreto, explicou que houbo que reprogramar a inxección dunhas 10.000 primeiras doses de Moderna, para así poder garantir a administración de segundas doses en persoas pendentes de completar a pauta, e asegurou que "é a terceira vez" que hai que reaxustar a programación de vacinas de Moderna.

ANTEPENÚLTIMOS EN DOSES
Ademais, no marco do debate sobre o lote a maiores de Pfizer, desmentiu que a comunidade galega fose a que máis dose recibiu no proceso de vacinación. De feito, remarcou que hai mesmo varias por diante. 


Ten razón o conselleiro. De feito, Galicia é a terceira autonomía que menos dose recibiu, pero tras outras dúas comunidades tamén vellas, Castela León e Asturias.

En todo caso, sinalou que a campaña de inmunización manterase por franxas de idade coas doses que vaian chegando desde o Goberno de España, e co criterio de reservar ao redor dun 10 por cento para as autocitas e o resto para o sistema de citación 'forzada' por SMS. 


3mqVx porcentaxe de poblaci n a vacinar con pauta completa


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE