A UE asina a compra de 100 millóns de doses a vacina que coproduce a galega Zendal no Porriño
GRANDES RESULTADOS NOS ENSAIOS Nun ensaio clínico de fase 3 con case 30.000 adultos nos Estados Unidos e México, NVX-CoV2373 demostrou unha protección do 100% contra enfermidades moderadas e graves e unha eficacia xeral do 90,4%. Nun ensaio clínico de fase 3 realizado no Reino Unido con aproximadamente 15.000 adultos, NVX-CoV2373 mostrou unha eficacia global do 89,7% e máis do 96% de eficacia contra a cepa orixinal do virus.
Os ensaios completados con ducias de miles de voluntarios mostran unha protección contra a infección de en torno ao 90% e do 100% contra enfermidade grave. A eficacia de Novavax é por tanto unha das mellores entre as vacinas aprobadas ou case listas.
O CEO Alberto Fernández na sede do grupo Zendal do Porriño onde se produce parte da vacina anti covid de Novavax
Novavax, empresa de biotecnoloxía de Estados Unidos, anunciou hoxe que chegou a un acordo coa Comisión Europea (CE) para venderlle 200 millóns de doses de NVX- CoV2373. É é a vacina cuxo antígeno leva meses producindo Biofabri, do grupo Zendal, na súa factoría do Porriño.
En concreto, o acordo cobre a compra de ata 100 millóns de doses da vacina coa opción de 100 millóns de doses adicionais ata 2023.
PRAZOS DE ENTREGA
Cando estará lista esta nova vacúa? Novavax di que está a traballar para completar o seu envío continuo de NVX-CoV2373 á Axencia Europea de Medicamentos (EMA) no terceiro trimestre de 2021, e espérase que a entrega das doses iniciais comece despois da aprobación.
É dicir, dentro duns dous meses, en setembro. Con todo, hai que ter en conta que o calendario previsto xa se atrasou varios meses, estaba prevista inicialmente para finais de primavera.
GRANDES RESULTADOS NOS ENSAIOS
Nun ensaio clínico de fase 3 con case 30.000 adultos nos Estados Unidos e México, NVX-CoV2373 demostrou unha protección do 100% contra enfermidades moderadas e graves e unha eficacia xeral do 90,4%.
Nun ensaio clínico de fase 3 realizado no Reino Unido con aproximadamente 15.000 adultos, NVX-CoV2373 mostrou unha eficacia global do 89,7% e máis do 96% de eficacia contra a cepa orixinal do virus.
Escribe o teu comentario