A baixada da quinta onda está a empezar máis rápido que outras ondas grazas ás vacinas
De feito, a velocidade de descenso da incidencia semanal está a ser bastante rápida, sorprendentemente veloz teniendo en cuenta que a experiencia nos di que os descensos son sempre máis lentos que os ascensos.
Os 905 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para que Galicia baixe da barreira psicolóxica do milleiro por vez primeira en 13 días e para rebaixar outro banzo máis os indicadores semanais e bisemanais da pandemia.
Os casos activos dan o seu maior baixón desde o 20 de xuño e queda moi pouquiño para que, desde unha perspectiva semanal, o SERGAS teña que atender menos e menos infectados cada día que pase.
Así, a incidencia acumulada semanal baixa 10 puntos, de 205 a 295 positivos por 100.000 habitantes. É xa o quinto día seguido de baixada desde que chegamos a 347 o 27 de xullo.
A incidencia acumulada a 14 días tamén cae, pero moi pouco, de 634 a 632. este indicador leva catro días seguidos de descenso, iso si, lentísimo.
O dobre da incidencia semanal ( 590 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 632 ). Sabemos pois que na última semana houbo menos positivos que na penúltima, a tendencia é descendente.
Cantos menos? A razón de taxas está en 0,94, por tanto a penas un 6%. A melloría é pequena pero o importante é que a tendencia á baixa mantense desde fai xa máis de dúas semanas.
A taxa de positividade onte foi mala, do 15,7% das PCRs. Un dato condicionado polas poucas PCRs do sábado, que son as que alimentan os datos publicados hoxe. O SERGAS viña facendo de media unhas 7.900 PCR cada día pero o sábado só completou unhas 5.700. Parece mentira que a estas alturas da pandemia o ritmo de analíticas baixe os fins de semanas, coma se o covid-19 respectase os festivos.
SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS
Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia xa non está no peor dos niveis posibles. Correspóndelle risco extremo ás autonomías cunha media semanal superior ao 15%. O país logra baixar hoxe desa barreira, aínda que sexa cos pelos, co 14,7%. Abandonamos o risco extremo tras máis de dúas semanas.
A incidencia acumulada semanal está en risco extremo e estará aínda varias semanas no mellor dos escenarios posibles. A velocidade inicial do descenso está a ser considerable, pero aínda queda moito camiño para alcanzar o 125 que nos permitirá abandonar o peor dos niveis.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados descende hoxe un -0.83% .A media semanal, o indicador máis relevante, segue polo bo camiño, achegándose cara a cero, pasando do +1,8% ao +1.2%.
De manter o ritmo de descenso actual, dentro de dous días a media semanal será inferior a cero. Entón é cando poderemos afirmar que, desde o punto de vista semanal, cada día que pasa o SERGAS ten que gesitonar menos e menos casos activos. Abremos entón alcanzado o pico asistencial da quinta onda, que non hospitalario.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso -157 , que deixa o total en Galicia en 18.807 casos activos.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:
- A pandemia segue perdendo terreo desde a perspectiva máis importante, que é a semanal. No combate diaria entre altas contra novos positivos e mortes, as altas gañaron dúas das tres últimas batallas, algo que non pasaba desde mediados de xuño.
- Por agora non hai ningún indicio de que esta melloría vaia parar. Todos os indicadores seguen descendendo. De feito, a velocidade de descenso da incidencia semanal está a ser bastante rápida, sorprendentemente veloz teniendo en cuenta que a experiencia nos di que os descensos son sempre máis lentos que os ascensos. A curva da derivada de casos activos tamén está a baixar máis rápido que outras crises. Agora hai un factor que pode cambiar esta tendencia, a elevada taxa de vacinación, superior ao 70%, que reduce o tempo que os infectados tardan en vencer a enfermidade.
- O panorama a curto prazo é optimista, aínda que aínda nos quedan varias semanas de ascenso de presión hospitalaria. Galiciapress estimou que nesta quinta onda roldariamos un máximo duns 400 hospitalizados. Estamos xa en 285, tras o +13 de onte. En realidade son xa 328 se sumamos os 43 pacientes críticos.
DATOS POR ÁREAS
Como é habitual, o ritmo da melloría non é homoxéneo en todo o territorio. As zonas que antes sufriron o impacto da quinta onda son as que primeiro se están recuperando. Por exemplo, Ourense logra hoxe ser o distrito con menos novos positivos, 71.
Fai non tanto non había ningunha área con máis de 6 enfermos críticos. Na Coruña son xa 15. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario