Cuarto brote recente nunha residencia: 15 novos positivos de coronavirus en San Rafael de Vigo
Residencia de Gravemente Afectados Valverde de Allariz (Ourense) o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria (Lugo) e o a Residencia de Gravemente Afectados Valverde de Allariz (Ourense) sufriron brotes de covid na segunda metade de xullo.

Segundo informaron este venres as consellerías de Política Social e Sanidade, detectáronse 17 positivos no Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo, que elevan a 21 os usuarios contaxiados neste centro.
EVOLUCIÓN DOUTROS BROTES
Pola súa banda, sae da lista o caso dun usuario da residencia de maiores Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña), que reduce a 18 os residentes contaxiados.
En canto ao resto de centros de maiores en Galicia, hai dous casos de Covid-19 na Residencia Bo Día Magnolio de Vigo e un na Residencia de Val do Dubra (A Coruña).
CENTROS DE DISCAPACIDADE
En canto aos centros de atención á discapacidade suman os 17 casos de usuarios no citado centro de Vigo, o que eleva de sete a 24 os contagios de Covid-19 distribuídos en tres residencias.
Deste xeito, sobe de catro a 21 os usuarios contaxiados no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo; seguen dous na RGA Valverde de Allariz (Ourense) e un no CAPD de Sarria (Lugo).
Escribe o teu comentario