Novos niveis de restricións: Todas as cidades no alto e Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso soben ao máximo

Os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso soben a nivel máximo pola incidencia da Covid-19, mentres que as cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo súmanse ás de Pontevedra, Vigo e Ourense no alto.

|

Os sete municipios que estaban en nivel máximo de restricións seguirán nese nivel ao que agora se suman seis máis.


O conselleiro recoñece que a situación é mala -hoxe mesmo a incidencia semanal bateu o seu récord histórico- pero a Xunta non toma máis medidas que actualizar os niveis de restricións por municipios


Comesaña en rolda de prensa na sede da Xunta este martes tras a reunión do Comité Clínico do covid

Comesaña en rolda de prensa na sede da Xunta este martes tras a reunión do Comité Clínico do covid 


Os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso soben a nivel máximo pola incidencia da Covid-19, mentres que as cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo súmanse ás de Pontevedra, Vigo e Ourense no alto.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar das decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, na que incidiu en que 112 municipios estarán desde este sábado en nivel máximo e 48 no alto, entre eles as sete grandes cidades galegas.


ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS NIVEIS

Ademais, o conselleiro, que admitiu que a situación "é mala", engadiu que desde a medianoite deste venres ao sábado haberá 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.


A nivel de cidades, o empeoramento é evidente. No anterior mapa de restricións, só Pontevedra, Vigo e Ourense estaban en restricións altas. Desde o sábado pasarán a estar todas. 


QUE SUPÓN CADA NIVEL?

Hai restricións vixentes comúns ao todo o país. A Xunta non as actualizon hoxe. Seguen sendo as mesmas. Por exemplo, praias e parques pechan desde a medianoite ata as seis da mañá e non se poden reunir en exteriores máis de 10 persoas non conviventes, 6 en interiores.


Ademais, hai restricións específicas segundo o nivel do municipio, variación de limitacións que afecta principalmente á hostalería:


Nivel máximo

  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
  • Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m. 



Nivel alto

  • Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.


Nivel medio

  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
  • Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m. 


Nivel medio-baixo 

  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
  • Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m. 

 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE