Venancio Salcines defende a reapertura da mina de Touro e Asociación Cornado acúsao de paternalista


|

A Asociación O Batán Cornado critica duramente o apoio do economista Venancio Salcines á reapertura da mina de Touro. Nun comunicado, o colectivo acusa o profesor universitario de adoptar unha postura paternalista e ignorar a realidade da comarca.



Venancio Salcines nunha foto da wikimedia

Salcines / Efbs.edu.  CC BY-SA 4.0 



Que dixo o tamén directivo - a través de Brexo Investments- da universidade privada CESUGA? Segundo recolle El Correo, Salcines estima que a mina reactivará a economía local e que as dificultades ambientais, motivo polo cal a Xunta tombou o primeiro proxecto, son emendables. "Sabedes canto custa crear un posto de traballo na Galicia baleirada? Un mundo. E eu non quero vela abandonada. Quero volver ver nenos paseando polas nosas corredoiras", argumenta.


Desde a Asociación respóndelle que "sorprende ler como un economista, que se considera a si mesmo como prestixioso, caricaturice a nosa comarca como un lugar baleiro e dependente dunha suposta actividade mineira que nin sequera viviron vos que hoxe teñen máis de 30 anos.  ".


IMPACTO AMBIENTAL

Sobre os continuos problemas de contaminación de augas que Explotacións Galegas leva lustros sen liquidar, a pesar de varias multas da Xunta, Salcines apunta a que "o importante é que Eva Gómez o luns presentará ante a Dirección Xeral de Minas un proxecto para crear dúas plantas de tratamento de augas. Un investimento próximo ao millón de euros e que deixará ao rio Pucheiras e ao regato Portapego en perfecto estado de revista".


Eva Gómez é a directiva de Explotacións Galegas (ExGa), propietaria dos terreos e socia local da multinacional Atalaya Mining, que achega o capital, no intento de reapertura da mina a través da empresa instrumental Cobre San Rafael.


Desde o colectivo veciñal, responden que ExGa é propietaria dos terreos hai tres décadas e que nese tempo só apañoy multas e "unha denuncia nos xulgados por parte dá fiscalía de Medio Ambiente".


Esta confrontación dialéctica é o último episodio da reactivación paulatina do conflito da mina de Touro. Atalaya Mining comunicou este verán que ía presentar outro plan,  tras denegar a Xunta o primeiro. 


Un plan que inclúe unha ofensiva social e de comunicación para tentar convencer á opinión pública, sendo a fichaxe de Salcines un paso máis nesta estratexia.


Por agora, Atalaya Mining non formalizou o seu novo expediente ante a Xunta. Con todo, o anuncio de Salcines de que ExGa vai investir millóns en sanear por fin o Portapego mostra que os promotores teñen músculo financeiro para volver tentalo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE