O nivel de positivos semanal baterá o récord absoluto a próxima semana e despois empezará a caer, de seguir o ritmo actual

Os 1.425 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a terceira peor cifra desta onda. Con todo, os indicadores semanais seguen a súa tendencia a aplanarse, o que alimenta as esperanzas de que o pico estea próximo.


|


Os 1.425 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a terceira peor cifra desta onda. Con todo, os indicadores semanais seguen a súa tendencia a aplanarse, o que alimenta as esperanzas de que o pico estea próximo.



Os casos activos continúan á alza pero o seu ritmo de ascenso é cada vez máis lento. Hoxe hai un incremento de 762, que é máis pequeno dos últimos 11 días.


Unha vez que se alcance o pico de contaxios, posiblemente a semana próxima, a atención centrarase na evolución dos hospitalizados. As noticias son cada vez máis preocupantes nesa serie. Estamos xa en 205 hospitalizados en planta, máis do dobre que hai unha semana, e no mellor dos casos aínda quedan dous ou tres semanas de subidas.






incidencia acumulada semanal crece de 321 a 328 positivos por cada 100.000 habitantes. É a peor cifra desde o 24 de xaneiro, preto do tope da terceira onda. Entón o pico foi de 335, visto o ritmo actual o normal que Galicia supere o seu peor nivel nos próximos días. Mañá, se se repite un salto como hoxe.


YDGpQ incidencia acumulada a 7 d as




A peor  incidencia acumulada a 14 días rexistrada en toda a pandemia foi de 637 o 30 de xaneiro. Hoxe sobe de 551 a 584. Outros dous días de saltos tan enormes e bateremos o peor rexistro. Isto é moi probable que suceda, pois a curva deste índice aínda non está aplanándose.


O dobre da incidencia semanal (656) é maior que a incidencia bisemanal (584). Así sabemos que a pandemia está a crecer desde unha perspectiva semanal. 


Agora ben, este crecemento está a retardarse. A razón de taxas semanais está aínda por encima de 1, o que indica que a pandemia crece, pero cada día que pasa é un pouco menor. Hoxe descende de 1,12 a 1,16. 


De seguir a este ritmo a razón de taxas debería poñerse en 1 dentro de catro días. Entón sería cando Galicia alcanzase o pico de contaxios da cuarta onda.


A taxa de positividade onte foi do 16,3% das PCR, que é unha cifra malísima pero que tamén implica o cuarto día de descenso consecutivo.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os  criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no peor dos niveis posibles. Correspóndelle risco extremo ás autonomías cunha media semanal superior ao 15%. Afortunadamente, a curva indícanos que este indicador está a chegar a un pico. 




O ascenso da incidencia semanal foi fulgurante, xamais visto. Nun mes pasamos de estar en risco baixo e ter aspiracións de chegar á nova normalidade en agosto a subir a risco extremo. Afortunadamente, esta curva tamén se está aplanando.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados crece hoxe un 4,76%, con aumentos en todos os distritos sanitarios . A media semanal, o indicador máis relevante, completa outro paso na boa dirección, pasa de +7,8% a +7,1%.




En termos porcentuais, o indicador semanal non estaba en tan boa situación desde o 27 de xuño e fai xa máis dunha semana que tocou teito. Sería moi sorprendente que rebotara agora.


A experiencia de todas as ondas indícanos que unha vez que este indicador toca teito, nos seguintes días toca teito tamén a incidencia semanal de novos positivos. Con todo, non é posible estar 100% seguro, pois esta onda está condicionada por factores inéditos, como o dominio do variante delta e a vacinación.


As porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  +758 ,que deixa o total en Galicia en  16.754 casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue crecendo en Galicia pero a súa velocidade de crecemento está a frear, aínda que moi aos poucos.
  • A curva de a derivada de casos activos está a baixar desde hai unha semana. A  curva de incidencia semanal estase aplanando desde fai tamén case unha semana. A curva da media semanal da taxa de positividade está xa case plana. A curva de casos activos de Ourense parece que xa está a piques de baixar un pico. Son indicadores que apuntan á proximidade do pico da onda no país. De seguir este ritmo, Galicia debería empezar a baixar a finais da semana que empeza mañá.
  • Galicia supera por ver primeira os 200 hospitalizados desde o 21 de marzo. Nunha semana a cantidade de hospitalizados dobrouse. Como quedan, no mellor dos casos, dous ou tres semanas de aumento da presión hospitalaria, podemos estimar un pico para mediados de agosto con ao redor de 400 hospitalizados en planta. 


DATOS POR ÁREAS

Vigo remplazou a Ourense como distrito que sofre o maior impacto da quinta onda. Vigo achega hoxe 385 dos 1.425 positivos de toda Galicia. Ourense segue moderándose, con 121, e boa cifra de Ferrol, con menos de 50.





 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE