Programa Festas de María Pita 2021: Miguel Ríos, Carlos Nuñez, Miriam Rodríguez, Sidecars, Fangoria ...

Andrés Suárez, Miguel Ríos e Fangoria, entre os pratos fortes do cartel

|

O programa dos festexos inclúe 50 actuacións durante 23 días


Para evitar aglomeracións, o Concello distribuíu os concertos polos diferentes barrios


 

O cantante Miguel Ríos nunha foto de arquivo

O cantante Miguel Ríos nunha foto de arquivo 



As Festas de María Pita 2021 "serán as mellores dentro da responsabilidade" no contexto de pandemia pola Covid-19, afirmou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación das mesmas este xoves. Entre os pratos fortes do cartel musical inclúense Andrés Suárez, Miguel Ríos e Fangoria.

"As festas serán diferentes e condicionas pola situación que estamos a vivir, pero non queremos deixar de render homenaxe á loita dos veciños e veciñas da Coruña nun ano tan sumamente complicado. Xuntos loitamos contra unha pandemia e somos exemplo de responsabilidade e unidade", explicou Rey

Así, a alcaldesa afirmou que os coruñeses "merecen gozar da esencia" das festas "cunha imaxe moderna e renovada". Rey tamén apostou por apoiar aos sectores máis afectados, como o da cultura galega, "que terá moito protagonismo na programación", e tamén á hostalería e ao comercio, "que se beneficiarán dos distintos eventos", abundou.

MÁIS DE 50 ACTUACIÓNS
As festas celebraranse do 31 de xullo ata o 22 de agosto. María Pita acollerá os concertos máis importantes que darán o pistoletazo de saída coa actuación do galego Andrés Suárez o día 31, que continuarán o 1 de agosto con Miguel Ríos e o día 2 coa tamén galega Míriam Rodríguez. Todos serán ás 22,00 horas.

Completan o cartel de 'As Noites de María Pita' o grupo Sidecars o 12 de agosto, Fangoria o 14, e o galego Carlos Núñez o día 16 do mesmo mes.

Outros eventos que incluídos son un cinema-karaoke do musical baseado nas cancións de ABBA, 'Mamma Miña!' e a 'Semana Clásica', que contará coas actuacións da Sinfónica de Galicia ou do pianista e escritor James Rhodes.

A programación destinada aos máis pequenos terá o festival 'Rock en Familia' no que se homenaxearán a clásicos como Queen ou Michael Jackson. Ademais haberá un actuación do mago Dani Polo e no parque de Santa Margarita de celebrarán as novas edicións de 'Cascarillarte' e 'Manicómicos'.

Ese mesmo parque tamén será o escenario da tradicional 'Romaría de Santa Margarida' con distintas agrupacións da cidade. Outro clásico que volverá contar cunha nova edición é o 'Certame de Habaneiras Cidade da Coruña'.

A música de artistas galegos, o jazz, o folk e a electrónica completan a oferta cultural que se dará cita na cidade. Para asistir aos distintos eventos hai que descargar as entradas cunha semana de antelación á celebración dos mesmos.

O CARTEL
O cartel deste ano foi deseñado por Héctor Francés, que mostrou por cumprir o seu soño de realizar un cartel que "é moi coruñés e que vai ao corazón".

O cartel está realizado en tons pastel e ten a María Pita e aos fogos artificiais como temas principais. O autor comentou que "quería un cartel directo e claro que chamase a atención nun primeiro golpe de vista".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE