Estalido de positivos no Grove e Burela pero Ourense e Vigo empezan a mellorar

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios non reflicte moitos cambios e os que hai, lamentablemente, son case todos para peor.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios non reflicte moitos cambios -a pesar de que o país pode estar a se achegar a un pico de contagios- e os que hai, lamentablemente, son case todos para peor. 


Os concellos que empezan a baixar os seus cómputos semanais son, por regra xeral, os que parten de peores niveis. Por exemplo, Vigo, Ourense ou Barbadás que, a pesar de descender hoxe, seguen por encima de 250 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana. Por o tanto en negro no mapa que a diario actualiza Galiciapress usando as cifras oficiais do SERGAS. 


Os valores do mapa de Galiciapress son os establecidos no semáforo de alertas oficial para a incidencia semanal. Cunha adicción, o nivel de risco máximo, por encima de 250, que é o que usaba a Xunta para impoñer restricións máis severas, como o confinamento ou o peche total da hostalería, durante o estado de alarma.





Esta por ver se algúns dos municipios que hoxe superan ese limiar volven soportar limitacións tan duras tras a reunión do SERGAS esta tarde. Hai que ter que a incidencia acumulada de, por exemplo, Ourense duplica ese limiar. 

 

Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Arteixo +1
  • Cee +1
  • Laracha +1
  • Cervo +1
  • Boboras +1
  • Caldas de Reis +1
  • Ponteareas +1
  • Ponche-Caldelas +1
  • Roseira (Ou) +1
  • Coles +2
  • Cambados +2
  • Ribadumia +2
  • Fisterra +3
  • Vimianzo +3
  • Mondoñedo +3
  • Vilalba +3
  • Estrada A +3
  • Gondomar +3
  • Garda (A) +3
  • Meaño +3
  • Meis +3
  • Pontecesures +3
  • Muros +4
  • Pobra do Caramiñal A +4
  • Teo +4
  • Foz +4
  • Porriño (Ou) +4
  • Illa de Arousa +4
  • Arzua +5
  • Carballo +5
  • Narón +5
  • Sarria +5
  • Vilanova De Arousa +5
  • Melide +6
  • Sada +6
  • Sanxenxo +6
  • Vilagarcia De Arousa +6
  • Ames +7
  • Baiona +7
  • Culleredo +8
  • Lugo +8
  • Ribadeo +8
  • Noia +9
  • Ribeira +9
  • Viveiro +9
  • Oleiros +13
  • Grove Ou +14
  • Burela +18
  • Pontevedra +36
  • Coruña (A) +72



Relación de concellos  cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -35
  • Ourense -10
  • Mos -7
  • Barbadás -6
  • Pereiro de Aguiar -6
  • Ferrol -5
  • Poio -5
  • Verin -4
  • Moaña -4
  • Bueu -3
  • Marin -3
  • Redondela -3
  • Betanzos -2
  • Cambre -2
  • Santiago de Compostela -2
  • Allariz -2
  • Nigran -2
  • Tomiño -2
  • Barco De Valdeorras (Ou) -1
  • Carballiño (Ou) -1
  • San Cibrao das Viñas -1
  • Cangas -1
  • Salvaterra De Miño -1
  • Soutomaior -1
  • Tui -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



COMPARATIVA POR CIDADES

A maioría das cidades móvense en torno ao rango de 300-400 de incidencia bisemanal, na liña coa media de Galicia, ou mesmo un pouco menos


Hai tres opoñas excepción; Vigo, que roza os 500, Pontevedra, que xa supera os 650 e sobre todo Ourense, que por segundo día consecutivo segue por encima dos 1.000. 





A boa noticia é que o cómputo semanal de Ourense encadea dous días seguidos á baixa. Ademais, hoxe Vigo logra por vez primeira un descenso. 


A lóxica de ondas previas dinos que se o sur de Galicia foi o primeiro en sufrir en embate máis duro da quinta onda, tamén debese ser o primeiro en dobrar as súas curvas.



Con todo por agora ningunha urbe empezou o descenso, polo menos desde unha perspectiva a sete días. En ningún dos sete casos o dobre da incidencia semanal é menor que a incidencia bisemanal. Todas están a gañar contagios, desde un punto de vista semanal.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Tampouco ningún distrito sanitario parece que vaia lograr empezar a baixar inmediatamente. Agora ben, o distrito sanitario de Ourense, e en menor grao o de Santiago, son os primeiros que empiezam a dar sinais de que o crecemento de casos activos está a empezar a perder algo de ritmo. 



A nivel galego, os casos activos de Covid-19 seguen con tendencia ascendente por vixésimo sétimo día consecutivo e sitúanse en 12.037, que constitúen 951 máis que a xornada anterior, ao haber máis contagios (1.165) que altas (213), ao que hai que engadir un falecemento.

Con respecto a fai sete días, as infeccións activas supoñen máis do dobre, debido a que o pasado martes 13 de xullo había 5.684 no conxunto da Comunidade galega.

Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse en todas elas, coa de Pontevedra e O Salnés á cabeza (+222), seguida da de Vigo (+217), A Coruña e Cee (+196), Lugo (+116), Santiago e Barbanza (+98), Ourense (+72) e Ferrol (+30). 


DATOS DE HOXE POR ÁREA

 En canto aos novos contagios de Covid-19, superaron de novo o milleiro ao alcanzar os 1.165 despois de comezar a semana con 975, o que supón 190 máis que o día pasado.

No conxunto da Comunidade galega foron confirmados 1.008 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 45 máis que lle día anterior, dos cales 227 corresponde á área de Vigo; 217, á de Pontevedra e O Salnés; 207, á da Coruña e Cee; 117, á de Lugo; 109, á de Santiago e Barbanza; 89, á de Ourense; e 42 á de Ferrol.

Deste xeito, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria ascenden en Galicia a 142.842, deles 33.450 na área da Coruña e Cee; 28.493 na de Vigo; 21.826 na de Santiago e Barbanza; 18.299 na de Ourense; 17.027 na de Pontevedra e O Salnés; 14.484 na de Lugo; e 9.263 na de Ferrol. 





PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 128 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, nove mais que na xornada anterior, e mantéñense en 21 as que se atopan en UCI. Pola súa banda, 11.888 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en catro das sete: Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra e O Salnés; mentres que descende lixeiramente nas da Coruña e Cee, Lugo e Santiago e Barbanza.

O maior incremento corresponde á de Ourense na que, aínda que descenden a dúas os pacientes Covid en UCI --dúas menos--, aumentan a 36 os ingresados noutras unidades --dez máis--, mentres que a de Pontevedra e O Salnés conta con cinco en críticos --un máis-- e 16 noutras unidades --dúas máis--.

Na de Vigo segue un paciente Covid en UCI e soben a 26 os doutras unidades --dúas máis-- e a de Lugo continúa sen críticos e con 14 noutras unidades --uno máis--.

Por contra, alíviase a presión hospitalaria lixeiramente na área da Coruña e Cee, onde hai nove persoas ingresadas pola Covid en UCI --una máis-- e 18 noutras unidades --tres menos--, do mesmo xeito que na de Santiago e Barbanza, que ten un paciente en críticos --a xornada pasada estaba sen ningún-- e oito noutras unidades --tres menos--.

Polo seu lado, a área sanitaria de Ferrol reduce a tres os pacientes ingresados pola Covid en UCI, que implica un menos, e segue con dez noutras unidades --sen cambios--. 

PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE