Covid municipios: Risco máximo para A Coruña cidade e case todas as Rías Baixas e baixada en Ourense capital


Lugo está a ser a provincia menos castigada por esta quinta onda. Iso si, de todas as súas comarcas as que soportan peores niveis é a máis turística no verán, A Mariña.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios aínda non reflicte os indicios de proximidade dun pico a nivel galego, aínda que si algúns cómputos semanais locais, en particular o -55 de Ourense capital.


Lugo está a ser a provincia menos castigada por esta quinta onda. Iso si, de todas as súas comarcas as que soportan peores niveis é a máis turística no verán, A Mariña.


Outra proba máis da relación entre mobilidade de persoas e expansión do coronavirus. Esta relación é a que explica que nas Rías Baixas todos os concellos costeiros xa estean en nivel de risco máximo, con incidencias superiores a 250, que era o nivel para partir do cal a Xunta estudaba impoñer perímetros municipais, en negro no mapa.



Nas Rías Baixas só sálvanse do peor nivel posible Cangas (risco alto), Vilaboa (risco medio), Catoira (risco medio) e Rianxo (risco alto). Todos, salvo Cangas, son municipios de fondo de ría, con algo menos avalancha de turistas que os seus veciños.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días  sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 

 


  • Carral +1
  • Muros +1
  • Oroso +1
  • Sarria +1
  • Verin +1
  • Bueu +1
  • Lalin +1
  • Ponche-Caldelas +1
  • Salvaterra De Miño +1
  • Silleda +1
  • Soutomaior +1
  • Tui +1
  • Melide +2
  • Vimianzo +2
  • Cervo +2
  • Foz +2
  • Baiona +2
  • Caldas de Reis +2
  • Meis +2
  • Redondela +2
  • Ribadumia +2
  • Vilanova De Arousa +2
  • Illa de Arousa +2
  • Arzua +3
  • Culleredo +3
  • Estrada A +3
  • Roseira (Ou) +3
  • Fisterra +4
  • Noia +4
  • Rianxo +4
  • Ribeira +4
  • Teo +4
  • Vilalba +4
  • Barco De Valdeorras (Ou) +4
  • Cangas 4
  • Garda (A) +4
  • Porriño (Ou) +4
  • Ames +5
  • Cambre +5
  • Pobra do Caramiñal A +5
  • Ribadeo +5
  • Cambados +5
  • Grove Ou +5
  • Ponteareas +5
  • Betanzos +6
  • Narón +6
  • Marin +6
  • Chantada +7
  • Tomiño +7
  • Moaña +8
  • Ferrol +9
  • Burela +9
  • Nigran +9
  • Vilagarcia De Arousa +9
  • Arteixo +11
  • Lugo +13
  • Viveiro +13
  • Santiago de Compostela +14
  • Gondomar +14
  • Oleiros +15
  • Pontevedra +15
  • Vigo +29
  • Coruña (A) +80



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana  baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Ourense -55
  • Barbadás -10
  • Poio -7
  • Carballo -5
  • Laracha -5
  • Xinzo De Limia -3
  • Boiro -2
  • Maceda -2
  • Sanxenxo -2
  • Sada -1
  • Allariz -1
  • Celanova -1
  • Pereiro de Aguiar -1
  • San Cibrao das Viñas -1
  • Meaño -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 




COMPARATIVA POR CIDADES

As cidade con peores niveis de covid-19 na última semana é Ourense, cunha disparatada incidencia de máis de 610 positivos por cada 100.000 ourensáns en sete días.




É case tres veces máis que a que soportan Lugo, Santiago e Ferrol, únicas urbes por baixo de 250 e que por tanto evitan o negro no mapa de Galiciapress.


Ourense converteuse hoxe na primeira cidade que supera os 1.000 de incidencia bisemanal.  É dicir, de cada 100 ourensáns, 1 deu positivo nos últimos 15 días, a pesar de que máis da metade da cidade ten a pauta de vacinación completa.




En ningunha cidade o dobre da incidencia semanal é menor que a incidencia bisemanal. Isto indícanos que en ningunha urbe a pandemia está en retirada, senón crecendo.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Tampouco hai ningún distrito cuxa curva de casos activos baixe hoxe.  Todas seguen crecendo, aínda que as curvas de Ourense e Pontevedra parecen estar a perder impulso.



No inicio desta semana os casos activos ascenden a 11.086, que supoñen 723 máis que a xornada anterior, ao haber máis contagios (975) que altas (252), polo que segue a tendencia ascendente nesta quinta onda por vixésimo sexto día consecutivo. Con respecto a fai sete días, as infeccións activas duplícanse, xa que o luns 12 de xullo había 5.058.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan en todas, coa de Vigo á cabeza (+171); seguida da da Coruña (+168); Santiago e Barbanza (+106); Lugo (+87); Pontevedra e O Salnés (+82); Ourense (+66) e Ferrol (+43).

Deste xeito, a área de Vigo segue con máis casos activos, con 2.490; seguida da de Ourense, con 2.014; A Coruña e Cee, con 1.898; Pontevedra e O Salnés, con 1.879; Santiago e Barbanza, con 1.357; Lugo, con 1.023; e Ferrol mantense á cola, con 425. 


DATOS DE HOY POR ÁREA

En lo relativo a los nuevos contagios de Covid-19, tras cuatro días por encima del millar, en el arranque de esta semana descienden a 975 en Galicia, lo que supone 195 menos que la jornada anterior.

En el conjunto de la Comunidad gallega han sido confirmados 963 positivos por Pruebas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) en el último día (que pueden corresponder a casos activos de otras jornadas a los que se realiza una nueva prueba diagnóstica), que implican 254 menos que le día anterior, de los cuales 224 corresponde al área de Vigo; 210, a la de A Coruña y Cee; 150, a la de Pontevedra y O Salnés; 122, a la de Santiago y Barbanza; 109, a la de Ourense; 106, a la de Lugo; y 42, a la de Ferrol. 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, aumentan a 119 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que representan 19 máis que na xornada anterior, e baixan a 21 as que se atopan en UCI, unha menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, en maior medida na de Ferrol, que conta con catro pacientes Covid en UCI --uno máis-- e 10 noutras unidades --catro mais-- e na de Vigo, que conta cun en críticos --un menos-- e con 24 noutras unidades --catro máis--.

Pola súa banda, a de Lugo continúa sen ingresados en UCI e rexistra 13 pacientes noutras unidades --tres máis--, e na de Pontevedra e O Salnés redúcense a catro o críticos --un menos-- e aumentan a 14 os doutras unidades --tres máis--.

Mentres, na da Coruña e Cee seguen oito pacientes Covid en UCI e increméntanse a 21 os doutras unidades --dúas máis--, e na de Ourense seguen catro en críticos e soben a 26 os doutras unidades --dúas máis--.

E a área de Santiago e Barbanza mantense sen pacientes ingresados por este coronavirus en UCI e conta con 11 hospitalizados noutras unidades --uno máis--. 

PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (4)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE