Prazas de enfermeiras sen cubrir en centros de saúde como Coia ou Mos debido á vacinación e ás vaciones

O Sindicato de Enfermería (Satse) avisa de que os centros de saúde galegos "están a sufrir a falta de enfermeiras para cubrir os períodos de vacacións" debido ao proceso de vacinación contra a Covid-19 o que, matiza, "mingua a calidade asistencial e provoca momentos de tensión entre os usuarios" que, asegura, "acábana tomando co profesional que teñen máis próximo: a súa enfermeira".

|

O SERGAS xa adoita ter problemas para cubrir as ausencias estivais nun ano normal. Este ano as carencias son maiores, pois a demanda de enfermeiras para vacinar baleirou máis as listas de substitución.



Malules Carbajo é a responsable de Satse en Galicia

Malules Carbajo é a responsable de Satse en Galicia 


O Sindicato de Enfermería (Satse) avisa de que os centros de saúde galegos "están a sufrir a falta de enfermeiras para cubrir os períodos de vacacións" debido ao proceso de vacinación contra a Covid-19 o que, matiza, "mingua a calidade asistencial e provoca momentos de tensión entre os usuarios" que, asegura, "acábana tomando co profesional que teñen máis próximo: a súa enfermeira".


PROBLEMAS EN COIA E MOS

Así o informou en comunicado de prensa Satse, no que explica que en centros de saúde como o de Coia, en Vigo, que atende a "un importante núcleo de poboación", puntualiza, "chegan a traballar con tres e catro enfermeiras menos". "Outro exemplo é do centro de saúde de Mos, onde de sete enfermeiras de adultos, só están a traballar dous", engade.

"Estas importantes ausencias reportan consecuencias negativas, tanto para os pacientes que ven atrasadas as súas citas e tratamentos, como para os compañeiros que ven obrigados a asumir parte dese traballo", sinala.


STRESS PARA TRABALLADORES E PACIENTES

Por iso, asegura que esta situación crea "un ambiente de tensión continuo, xa que os usuarios reprochan a falta de profesionais, tanto ás enfermeiras como ao resto do persoal de Atención Primaria" o que, asegura, xera "moi delicados que acaban desencadeando en agresións verbais, que poderían acabar noutro tipo de agresións e que, doutra banda, non ten por que soportar ninguén", advirte Satse.

Para este sindicato esta situación obedece a que "todos os recursos de Enfermería trasladáronse á vacinación do Covid-19". "Mentres, unha vez máis, Atención Primaria queda relegada a un segundo plano, cando é a porta de entrada que se debería coidar e reforzar sempre, pero aínda máis en momentos tan cruciais como este que estamos a vivir", lamenta.

REFORZAR PRIMARIA
Doutra banda, apunta que "a alta incidencia do coronavirus entre os mozos puxo de novo o foco nos centros de Atención Primaria", xa que este colectivo "non require na maioría de casos de ingreso e atención hospitalaria". Por iso, Satse reclama ás distintas administracións sanitarias competentes "que prioricen as medidas xa comprometidas para reforzar e revitalizar este nivel asistencial que se atopa moi deteriorado e debilitado tras anos de recortes indiscriminados en todas as comunidades autónomas".

Por iso, demanda ao conxunto das administracións sanitarias "que realmente aposten pola Atención Primaria, con medidas como establecer unha cota máxima de 1.200 pacientes por cada enfermeira ou enfermeiro"; que haxa, polo menos, un fisioterapeuta en cada centro de saúde, que se expoñan orzamentos propios para este nivel asistencial "ou que se implante de maneira progresiva o servizo de podoloxía nas distintas áreas de Atención Primaria", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE