A maioría dos mozos de Boiro acode ao cribado do SERGAS e saltan 19 casos máis de coronavirus
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou 19 positivos por Covid-19 nun cribado realizado a mozos este martes e mércores no municipio de Boiro (A Coruña).
Boiro, A Pobra e Porto do Son son municipios moi turísticos e que están no máximo nivel de alerta posible segundo os datos da incidencia acumulada semanal
Boiro tiña 26 casos activos o sábado, agora son xa máis de 89, un crecemento do 342% en menos dunha semana
Centro de Saúde de Boiro nunha foto do SERGAS
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou 19 positivos por Covid-19 nun cribado realizado a mozos este martes e mércores no municipio de Boiro (A Coruña).
A MAIORÍA ACODE
Segundo informou esta área sanitaria, neste cribado participaron un 58 por cento dos 2.400 mozos de 16 a 29 anos convocados entre a tarde do martes 13 e a mañá deste mércores pasado a PCR no centro de saúde de Boiro.TEST PARA MOZOS EN COMPOSTELA
Ademais, este xoves pola tarde no Hospital Clínico e na tarde deste venres organizouse outro cribado poboacional con case 3.200 mozos de entre 16 e 20 anos con tarxeta sanitaria no municipio de Santiago.Tamén esta área sanitaria informou de que comeza a autocita para o diagnóstico de infección por Covid-19, polo que a partir deste venres, 16 de xullo, ás 15,00 horas os mozos entre 16 e 29 anos con tarxeta sanitaria no concello de Santiago poderán solicitar a realización dunha proba diagnóstica na ligazón https://coronavirus.sergas.gal/cribado/.
Escribe o teu comentario