Quen esnaquizou o asfalto en Portomarín? A Deputación de Lugo denuncia o suceso ante a Garda Civil

O asfalto en máis de 100 metros da estrada provincial LU-P-4902 ao seu paso por Portomarín apareceu este mércores totalmente levantado, polo que a Deputación de Lugo presentou unha denuncia ante a Garda Civil polo que cualificou como "arado" do vial.

|

Máis de 100 metros de estrada apareceron totalmente levantados este mércores e a Deputación lucense tacha o suceso de "arado" do vial.


Por agora a investigación destes feitos está en curso, pero desde a Deputación estiman que a desfeita ten un valor próximo aos 100.000 euros. 


Aparece rebentado o asfalto nunha estrada de Portomarín (Lugo)Estrada esnaquizada en Portomarín | Foto: EP


O asfalto en máis de 100 metros da estrada provincial LU-P-4902 ao seu paso por Portomarín apareceu este mércores totalmente levantado, polo que a Deputación de Lugo presentou unha denuncia ante a Garda Civil polo que cualificou como "arado" do vial.

A desfeita da estrada de Alto do Valiño por Vilaxuste a Valdeporrás, que enlaza coa N-540 cara a Ourense, foi avaliado por técnicos da Deputación de Lugo nuns 90.000 euros e produciuse á altura do punto quilométrico 2,5, ao seu paso por Portomarín.

Tras a inspección dos técnicos que se desprazaron á primeira hora desta mañá ao lugar para avaliar os "graves danos", a deputación estima que tivo que ser utilizada "unha máquina grande, que puido ser un tractor ou unha paleadora con subsolador". Ante a imposibilidade de circular polo vial nesas condicións, habilitouse un paso para garantir a circulación mentres se repara o firme.

Nun comunicado, a Deputación, á parte de condenar este ataque a un ben público, pon o acento en que se puxo en perigo aos usuarios da vía, máxime porque a desfeita produciuse de madrugada. Por iso, a institución avanza que esixirá "as responsabilidades penais e civís correspondentes", xa que comparecerá nas actuacións xudiciais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE