Detectado un brote nunha residencia de anciáns de Betanzos con polo menos cinco usuarios contaxiados

Un total de cinco usuarios da residencia García Irmáns de Betanzos (A Coruña) deron positivo en covid-19, segundo informou a Consellería de Política Social.

|

A residencia García Irmáns de Betanzos reportou media decena de casos positivos entre os usuarios das súas instalacións. 


Afortunadamente todos os afectados contan coa pauta completa da vacinación. Crese que foi un traballador o foco de contaxio. 


Arquivo - Unha muller pasea xunto a un ancián en cadeira de rodas cara á residencia Albertia, ao 17 de abril de 2021, en Lugo, Galicia (España). Unha das novas medidas incluídas na desescalada de Galicia consiste na ampliación das posibilidades

Usuario de residencia | Foto: EP


Un total de cinco usuarios da residencia García Irmáns de Betanzos (A Coruña) deron positivo en covid-19, segundo informou a Consellería de Política Social.

Fuentes deste departamento explicaron que, tras coñecerse o positivo dun traballador deste centro, procedeuse a realizar un cribado aos usuarios, no que se detectaron estes cinco casos. Todos os afectados están vacinados.

En concreto, as residencias galegas non rexistraban casos positivos da covid-19 desde o pasado 16 de maio. Os últimos casos foran detectados nun centro de Chantada (Lugo) o 30 de abril.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE