Os enxeñeiros aeroespaciais galegos forzados a irse de Galicia para seguir estudando, denuncia plataforma

Desde a organización demandan que, despois de anos de tramitación e de negociacións entre a Universidade de Vigo (Uvigo) e a Universidade da Courña (UDC) para a organización do máster -”a única maneira para desenvolver o máster interuniversitario con posibilidade de éxito”, segundo afirman os afectados-, agora parece que desde a UDC cambiaron de parecer e pretenden que a docencia se comparta nos campus de Ourense e A Coruña tamén no primeiro curso e non só no segundo.


|

A plataforma 'Ourense por un Campus Digno' denuncia nunha carta dirixida á Consellería de Educación os problemas que rodean á implantación do máster de Enxeñería Aeronáutica.


Desde a organización reclaman un encontro á Xunta para poder desatascar esta situación que impide aos enxeñeiros aeronáuticos galegos continuar os seus estudos na comunidade e ven forzados a lograr a enxeñería superior noutro sitio.


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinan un convenio


Román Rodríguez, conselleiro de Educación | Foto: EP


No escrito dirixido á Consellería de Educación, desde a plataforma Prol Campus denuncian os “embotellamentos que vén sufrindo” a tramitación da titulación do Máster de Enxeñería Aeronáutica e que afecta directamente á terceira promoción do Grao en Enxeñería Aeroespacial que se está impartindo na Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo (EEAE) do campus de Ourense.


Desde a organización demandan que, despois de anos de tramitación e de negociacións entre a Universidade de Vigo (Uvigo) e a Universidade da Courña (UDC) para a organización do máster -"a única maneira para desenvolver o máster interuniversitario con posibilidade de éxito", segundo afirman os afectados-, agora parece que desde a UDC cambiaron de parecer e pretenden que a docencia se comparta nos campus de Ourense e A Coruña tamén no primeiro curso e non só no segundo.


Esta situación é a que ha enquistado de novo a tramitación do máster e que este non chegue “a tempo para ser ofertado á segunda promoción do grao”. “O próximo 1 de agosto é a data límite que lle impón a Consellería ás universidades para remitir as propostas de titulacións que pretendan ser ofertadas para o curso 2022-23. A situación é por tanto que, a pouco máis dun mes desa data, non se avanzou absolutamente nada nun plan de estudos de máster interuniversitario”, lamentan desde a plataforma, que temen que os titulados teñan que abandonar Galicia para continuar cos seus estudos.


Neste escenario, ademais da promoción de enxeñeiro aeroespaciais, tamén se vería prexudicada a imaxe da EEAE, que capta algúns dos maiores talentos de Galicia neste campo. “Consideramos que a Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo naceu coa vocación de chegar a converterse nunha escola de enxeñería superior na que, como tal, poderíanse estudar as titulacións de grao e máster que conxuntamente habilitan para exercer a profesión de enxeñeiro superior aeronáutico”, inciden.


Por todo isto, cualifican de “escola de peritos” á EEAE polos condicionantes que ten que soportar e que impiden o seu correcto funcionamento para que os seus alumnos manteñan os seus estudos e poden converterse nas súas instalacións en enxeñeiros superiores. Desta forma, reclaman á Xunta que mostre as súas cartas nunha reunión coa plataforma para coñecer de primeira man“se existe realmente unha estratexia clara e concreta para implantar o Máster en Enxeñería Aeronáutica en termos razoable”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE