A incidencia semanal e a positividade media seguen á alza en Galicia, que corrixe a subida de casos activos

Galicia parece chegar a un punto extremadamente delicado, no que mesmo podería aventurarse un cambio de tendencia na desescalada que viña rexistrando. A comunidade parece perder na última semana ritmo na súa melloría co repunte dalgúns indicadores preocupantes, lastrada en gran medida pola situación na área da Coruña.


|

Galicia parece chegar a un punto extremadamente delicado, no que mesmo podería aventurarse un cambio de tendencia na desescalada que viña rexistrando.


A comunidade parece perder na última semana ritmo na súa melloría co repunte dalgúns indicadores preocupantes, lastrada en gran medida pola situación na área da Coruña.



Hoxe, con 1.302 casos activos, a comunidade atópase en niveis propios de agosto. É certo que estas cifras son moi positivas, e que hoxe o descenso de casos activos, con 42 menos desde onte, supón un alivio despois do ocorrido nas dúas últimas xornadas, pero o certo é que aínda existen indicadores que mostran unha realidade que nos obriga a manternos en garda.


Sen ir máis lonxe, os novos positivos esta xornada atópanse de novo por encima da media, con 92 contagios detectados nas últimas 24 horas. Tras semanas de descenso, a media diaria de contagios parece estabilizarse ao redor dos 80 diarios.


E todo nun contexto no que cada vez se practican menos PCR. Co avance da vacinación, os cribados parecen pasar a un segundo plano, motivados, en gran medida, pola boa situación epidemiolóxica que aínda experimenta a comunidade, sobre todo no referido á presión hospitalaria. Con todo, onte realizáronse 3.242 PCR, o que contribúe a que a media de test diarios siga caendo en picado, por baixo das 3.400 ao día. 


A positividade, con todo, non parece frear. Esta xornada a positividade atópase no 2,84%, aínda lonxe do 4% que acende as alarmas das autoridades sanitaria. Pero tamén se atopa cada vez máis lonxe, e máis alta, a positividade media, que hoxe sobe 0,09 puntos, ata o 2,34%, lonxe do 2% que marcaba fai apenas dez días.


No referido á incidencia acumulada a nota negativa atopámola na incidencia a sete días, onde o indicador pega un pequeno salto, como fixo hai dous días. Se onte atopábase en 19,9 casos por cada 100.ooo habitantes, hoxe son 20,5 casos. O xoves, cando o repunte de casos activos freou a melloría galega, este indicador escalou ata os 20,7 casos por cada 100.000 habitantes.



Na incidencia acumulada bisemanal si que non se viu arrastrada nesta ocasión polos datos negativos, aínda que o seu descenso é lento. Hoxe son 40,9 casos por cada 100.000 habitantes, un descenso de 0,03 casos desde onte. 



Na incidencia a sete días a nova normalidade alcánzase con 10 casos por cada 100.000 habitantes; a catorce días con 25 casos por cada 100.000 habitantes. Nestes momentos parece difícil que se alcancen eses valores para o mes de xullo. 


En canto a a media móbil semanal, nos últimos días sufriu un importante retroceso. Hoxe é do -2,1% -onte era do -2,3%-, cando hai unha semana o valor atopábase entre o -4 e o -3%. Este indicador leva días dando botes, pero marca rexistros de descenso desde o 5 de maio, momento no que comezou a desescalar a cuarta onda. 


 



Desde entón, xa fose a un ritmo alto ou un pouco máis baixo, como é no caso de hoxe, a comunidade perde casos activos semanalmente de forma ininterrompida. Ademais, este rexistro permite aventurar que non haberá un cambio inmediato de tendencia e que proseguirá coa súa desescalada. 


PRESIÓN HOSPITALARIA

A pesar de todo, afortunadamente esta subida de contagios non veu acompañada dunha subida da presión hospitalaria. Galicia leva días con 45 pacientes nas plantas destinadas aos enfermos de Covid-19. Nas UCIs galegas son 16 os ingresados con coronavirus


Doutra banda, cabe destacar a subida de altas médicas: 134 en só un día. Con todo, hai que lamentar dous novos decesos en Galicia que, segundo as cifras oficiais da Xunta de Galicia, fai ascender o número de vítimas ata as 2.433 desde o inicio da crise sanitaria.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE