Achan o corpo da maior das irmás desaparecidas en Tenerife na barca do seu pai
O buque 'Ángeles Alvariño' foi quen atopou o corpo sen vida dunha das nenas, mentres que o pai Tomás Gimeno, segue en paradoiro descoñecido.
@EP
O buque oceanográfico do Instituto Español de Oceanografía 'Ángeles Alvariño' atopou este xoves un corpo sen vida dunha menor na zona na que se estaban efectuando os labores para dar co paradoiro de Anna e Olivia, as nenas desaparecidas en Tenerife. A Delegación do Goberno en Canarias foi quen informaron informou do achado.
Fuentes próximas á investigación explicaron á axencia Efe que se atoparon dúas bolsas, nunha delas estaba o corpo -que podería ser da filla maior, Olivia, de 6 anos- e a outra estaba baleira. A Delegación do Goberno lembra que hai que esperar á identificación do cadáver que certificará a autoridade xudicial. Este achado xa foi comunicado á familia.
Os dispositivos de procura atoparon os restos da nena a unha milla náutica do porto de Güimar, desde onde o seu pai Tomás Gimeno, partiu a noite do 27 de abril na súa lancha. Unha hora antes estivera coas dúas fillas na súa casa.
Pola súa banda, o presidente do Goberno Pedro Sánchez lanzou un tweet esta tarde no que lamentaba a "terrible noticia" e mandaba a súa condolencia á familia.
Seguiremos informando...
Escribe o teu comentario