Covid escolas: Galicia perde 40 casos activos nun só día, pero conta cunha aula pechada máis

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia manteñen a tendencia descendente e redúcense a 318, que supoñen 40 menos que os rexistrados na xornada anterior, mentres que sete aulas permanecen pechadas --unha máis-- pola incidencia deste coronavirus e non hai centros clausurados.

|

A comunidade educativa galega segue avanzando na súa recuperación e esta xornada rexistra un importante descenso con 40 casos activos menos. Quedan 318 en Galicia.


Con todo, e aínda que o número de aulas pechadas tamén descendeu de forma acusada nas últimas semanas, hoxe repunta lixeiramente, cunha máis nas últimas 24 horas.



Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia manteñen a tendencia descendente e redúcense a 318, que supoñen 40 menos que os rexistrados na xornada anterior, mentres que sete aulas permanecen pechadas --unha máis-- pola incidencia deste coronavirus e non hai centros clausurados.

Así se reflicte nos datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, dos que se desprende que as infeccións activas descenden nos centros das áreas sanitarias de Vigo (-14), A Coruña (-9), Santiago (-7), Lugo (-7) e Pontevedra (-6), mentres que ascenden lixeiramente nas de Ferrol (+1) e Ourense (+2).

En concreto, a área de Vigo segue á cabeza en casos activos con 117, que supoñen 14 menos, e cinco aulas pechadas, delas tres nunha escola infantil en Moaña por cinco contagios e unha noutra escola infantil de Vigo por un positivo.

Nesta área sitúase o centro con máis positivos de Covid de Galicia, o IES de Mos con nove contagios --12 menos que a última xornada--, ao que segue o CEIP Seis do Nadal de Vigo rexistra oito --uno máis-- e a escola infantil Dalila Reibón de Moaña, con cinco infeccións activas e tres aulas pechadas.

Séguelle a área de Santiago con 45 casos activos --sete menos-- e unha aula pechada, na escola infantil de Vos Tilos por un positivo. O CEIP Plurilingue Galaxia de Ribeira segue con maior número de casos, con catro contagios --un menos--.

A área de Pontevedra sitúase tamén con 45 casos activos --seis menos-- e unha aula inoperativa no CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, que acumula seis positivos --un menos--.

Mentres, a área de A Coruña concentra 34 infeccións activas --nove menos-- e segue sen aulas pechadas. O CPR Plurilingüe Fillas de Jesús, que ata a última xornada destacaba en positivos sitúase con tres --seis menos--, mesma cifra coa que contan con outros dous centros.

Pola súa banda, na de Lugo descenden a 32 os casos activos de Covid-19 --sete menos-- distribuídos en 23 centros, tres deles con tres positivos --o maior número nesta área--. E continúa sen aulas inoperativas.


MENOS CASOS

As áreas de Ourense e Ferrol mantéñense, polo seu lado, con menos casos de Covid-19 en centros educativos de Galicia. En concreto, a de Ourense conta con 26 --dúas máis-- e mantense sen clases inoperativas. O CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada colócase con máis positivos, ao rexistrar tres.

E finalmente a área de Ferrol agrupa 19 contagios --uno máis-- distribuídos en 16 centros --que contan cun ou dous casos-- e permanece sen aulas pechadas.


Esta é a lista de centros con casos activos de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS:





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE