Nin os confinamentos animaron a natalidade dos galegos: caen os nacementos un 7,7% ao comezo de 2021

Os nacementos rexistrados en Galicia nos catro primeiros meses de 2021 supoñen un descenso do 7,71% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo a estatística experimental que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

|

Os catro primeiros meses do ano lanzan un saldo negativo no que se refire aos nacementos en comparación co mesmo período do ano anterior, con descenso do 7,71%.


Os datos do INE sitúan a Lugo e Pontevedra moi por encima da Coruña e Ourense, onde menos se apreciou o bajón. A sistuación económica, un dos factores para ter en conta. 


Arquivo - Pés de recentemente nado.A natalidade segue á baixa en Galicia | Foto: EP


Os nacementos rexistrados en Galicia nos catro primeiros meses de 2021 supoñen un descenso do 7,71% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo a estatística experimental que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por provincias, a diminución é do 8,24% en Pontevedra, do 7,12% na Coruña, do 10,91% en Lugo e do 4,48% en Ourense. No conxunto estatal, a redución foi do 6,07%.

Deste xeito, a caída de nacementos na comunidade galega suavízase no mes de abril, xa que a baixada acumulada ata marzo era do 10,92%. Con respecto ao mesmo período de 2019, a caída é do 8,22%.

O obxectivo deste proxecto é a estimación do número de nacementos ocorridos desde xullo de 2020 (os datos do primeiro semestre xa se atopan publicados con carácter provisional) e a súa comparación cos datos históricos desde o ano 2016, o que permite interpretalos cunha perspectiva temporal necesaria, dada a variabilidade que sempre presentan e a paulatina diminución que vén observando no número de nacementos durante os últimos anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE