Case a metade dos chamados a un cribado covid en Mos, en risco máximo e que será perimetrado, non vai
A área Sanitaria de Vigo detectou seis positivos no cribado realizado o pasado mércores no municipio de Mos (Pontevedra), no que participaron case o 55% das 4.980 persoas convocadas.
Segundo o mapa que Galiciapress actualiza a diario cos datos de incidencia semanal, Mos é un dos dous concellos de Galicia, xunto con Lousame, en risco máximo, por superar os 250 de incidencia acumulada
Con todo, a evolución recente de Mos non é mala, o luns tiña un cómputo semanal de 53 positivos e hoxe venres de 50
A área Sanitaria de Vigo detectou seis positivos no cribado realizado o pasado mércores no municipio de Mos (Pontevedra), no que participaron case o 55% das 4.980 persoas convocadas.
O Servizo Galego de Saúde convocou cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.
Este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazouse a Mos onde estaban citadas case 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.
CRIBADO NO LEROY MERLIN
Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.Mos conta con limitación de reunións de persoas conviventes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no municipio non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalería e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.
Este sábado, desde as 00,00 horas, ao pasar a nivel máximo de restricións, como acordou o comité clínico, terá peche perimetral e a hostalería pechada, salvo para servizo a domicilio.
Escribe o teu comentario