Traballadores de Ourense reclaman "respecto" a Jácome e o alcalde replica ampliándolles o horario ante o público

Os sindicatos instan os grupos da oposición a que "dean un paso á fronte"

|

Fiel á súa fama de incendiario, o líder localista segue tachando aos traballadores públicos da súa administración de impuntuais


Protesta de sindicatos en Ourense contra Jácome

Persoal do Concello de Ourense volveu a concentrarse na Praza Maior, fronte á Casa do concello, para reclamar "respecto" ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Así, non descartan chegar a unha folga se o alcalde "non entra en razón", pois "non queda máis remedio que saír á rúa". 


Así, quéixanse de que continúan "as ameazas e as descualificacións" por parte do rexedor, a pesar de que esta é xa a súa terceira xornada de mobilización. Aseguran que non se ve un cambio a curto prazo, de modo que "isto ten que ir a máis porque xa non ten outra solución".

Os traballadores censuran que Gonzalo Pérez Jácome "só vén descualificar e a non deixar traballar", de modo que acusan o rexedor de "preocuparse unicamente de pechar chiringuitos e botar a culpa aos funcionarios".

MÁIS HORARIO DE FRONTE Ao PÚBLICO
Precisamente, este venres, o alcalde de Ourense anunciou que o Concello ampliará unha hora o seu horario de atención ao público a partir do mes de setembro, de maneira que pasará a ser de 8,30 a 14,30 no canto de 9,00 a 14,00 como ata o de agora.

"É a primeira vez na historia da democracia moderna que se ampliará a atención ao público", sentenciou o alcalde, quen apunta que se trata de "dar máis facilidades aos cidadáns".

CRITICA ABSENTISMO PERO NON PON MÁQUINAS DE CONTROL
Sobre esta nova proposta os sindicatos trasladaron que lles parece ben a condición de que haxa diálogo e estudouse se realmente é posible. "O que non pode ser é que se ilumine e saque unha idea que non se poida levar a cabo, porque de cando en vez saca algunha e non se cumpre ningunha", reprocharon.





Na mesma liña, indicaron que seguen á espera o control horario que prometera. "Non temos coñecemento de que vaia a empezar a facerse en breve", expoñen. "El bótanos a culpa a nós, pero os medios non os pon a administración que é a responsable", agregan.

PIDEN UN "PASO Á fronte" DA OPOSICIÓN

En canto ás medidas legais, afirmaron que polo momento non hai ningunha tomada, pero solicitaron un paso adiante da oposición á que lle agradecen o apoio.

"Pedimos que dean un paso máis porque a situación é nefasta, tanto para a administración como para a cidade, deberían poñerse de acordo e tomar algunha decisión xa con respecto ao alcalde", emprazan ao resto de grupos. 


Jácome mantense no poder con só tres concelleiros. Sosteno o alcuerdo co PP e Manuel Baltar, que se nega a negociar en serio unha moción de censura co partido máis votado, o PSOE. Baltar dixo primeiro que o PSOE non podía presentar a alcaldable a Vilariño, líder da lista con máis apoios. Cando Vilariño deu un paso atrás, Baltar pediulle que renunciase mesmo á súa acta de concelleira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE