Campaña 'É o teu momento' da Deputación de Pontevedra en Fitur con 269 accións

O organismo provincial levará a Fitur a súa campaña 'É o teu momento'

|

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na presentación do II Plan Estratéxico de Turismo da institución e da campaña de presentación como destino na feira Fitur 2021.

A Deputación de Pontevedra presentou este xoves as liñas mestras do seu II Plan Estratéxico de Turismo, nun acto no que a presidenta do organismo, Carmela Silva, apelou a "volver gozar" das Rías Baixas e a viaxar de novo.

O II Plan Estratéxico Provincial de Turismo, con 280 páxinas, contempla 46 plans de actuación e 269 accións operativas, e vai permitir "seguir modernizando, dixitalizando e innovando" o sector turístico. O principal obxectivo do plan, que mobilizará ata 16 millóns de euros ademais dos fondos europeos que quere impulsar, "é converter a Pontevedra provincia no primeiro territorio certificado como destino turístico intelixente".

Carmela Silva destacou que "se algo puxo de manifesto esta pandemia é a necesaria transformación dixital e a resiliencia dos destinos sostibles e verdes" e avogou por xestionar o "tesouro" que é este destino "con intelixencia e responsabilidade compartida".

Deste xeito, o Plan, que estará vixente no próximos tres anos, aborda cuestións como a xestión da incerteza mediante a innovación, a inclusión e a igualdade de oportunidades. Todo iso ao redor de catro grandes eixos: a promoción e a comunicación; a oferta turística diferenciada; a competitividade e a reactivación; e a intelixencia no destino.

FITUR
Por outra banda, a Deputación de Pontevedra tamén avanzou a presentación de Rías Baixas como destino na feira Fitur onde, o vindeiro xoves, darase coñecer a campaña 'É o teu momento', unha "proposta ilusionante, innovadora, tecnolóxica e baseada nas emocións e nas experiencias".

Xunto á presentación do destino, a Deputación de Pontevedra tamén recollerá en Fitur as 11 Q da rede Info Rías Baixas que recalarán nas tres oficinas de turismo da institución (Palacete das Mendoza, Aeroporto de Vigo e Armenteira en Meis) e nas dos concellos da Illa de Arousa, A Estrada, Cangas, Nigrán, Sanxenxo, Baiona, Caldas de Reis e Poio.

Ademais, participará na XI edición dos premios SICTED, onde a Deputación revalidará o seu liderado como primeiro destino SICTED de España en número de establecementos distinguidos; acompañará aos concellos nas súas presentacións de destino e estará nas accións de promoción de proxectos como "Camiños do Sur", na caseta de Badaxoz, no que a institución provincial participa.

Tamén estará no foro "News Trends On Tourism Communication", de reflexión sobre o audiovisual turístico, no que se proxectará o vídeo 'Segue o teu instinto', que ten xa un galardón internacional e acaba de conseguir outros dous premios, como caso de éxito.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE