Covid municipios: Santiago sobe a risco medio, Vigo segue mellorando e Vilanova, Cambados e Padrón empezan a baixar

Tres dos concellos confinados son Cambados, Vilanova e Padrón. Afortunadamente, os tres xa teñen unha incidencia semanal á baixa, aínda que o cambio de tendencia é recente e, por agora, é un descenso leve. 



|

Tres dos concellos actualmlente confinados son Cambados, Vilanova e Padrón. Afortunadamente, os tres xa teñen unha incidencia semanal á baixa, aínda que o cambio de tendencia é recente e, por agora, é un descenso leve. 


Vilanova e Padrón lograron xa escapar do nivel de risco máximo, que aínda segue en Cambados, a pesar da baixada de hoxe.




A Xunta adoita valorar as máximas restricións -que conlevan perímetro e peche hostaleiro- para municipios en risco máximo, con máis de 250 casos por 100 habitantes á semana, en negro no mapa. Hai dous novos concellos que hoxe entran nese, o peor dos niveis, Pontedeva e Santiso. 



Con todo, isto non implica necesariamente que o SERGAS vaia a confinar hoxe a Pontedeva e Santiso tras a reunión do martes, pois os expertos toman a decisión usando máis parámetros. É dicir, o mapa de incidencia semanal de Galiciapress non equivale ao mapa de restricións da Xunta aínda que, logicamente, están relacionados.

 

Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Chantada +1
  • Lalín +1
  • Moaña +1
  • Ribeira +2
  • Santiago de Compostela +2
  • Redondela +2
  • Vilagarcía de Arousa +2
  • Ordes +3
  • Pontevedra +3
  • Tomiño +3
  • Oleiros +4


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Coruña (A) -10
  • Vigo -7
  • Padrón -3
  • Ourense -3
  • Ames -2
  • Cambre -2
  • Cambados -2
  • Vilanova de Arousa -2
  • Lugo -1


A evolución dos positivos na última semanaen todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

alcalde de Vigo Abel Caballero protestou onte porque Vigo soporta unhas restricións máis altas que A Coruña, a pesar de ter uns valores similares, tras a melloría olívica dos últimos días.


Vigo ten restricións de risco medio e A Coruña medio baixo. A diferenza non é moita, a penas unha maior porcentaxe de aforo nos hostalería, pero parece que suficiente para alimentar un novo episodio de polémica localista.


Dan as cifras a razón a Caballero?  O certo é que Vigo segue soportando uns niveis de virus superiores aos da Coruña. Iso si, a diferenza  é pequena e, de feito, os cirterios do semáforo de alertas estatal para as incidencias semanal e bisemanal poñen ás dúas urbes no mesmo nivel, risco medio, en laranxa no mapa de Galiciapress e en amarelo nos gráficos do doutor Luís Vázquez.




Santiago é unha das dúas cidades galegas cunha incidencia bisemanal menor a 50, o que permite estar en risco baixo. Por iso no gráfico do doutor Luís Vázquez aparece en verde. 


Con todo, Compostela xa perdeu esa cor na escala semanal. A capital leva unha semana co coronavirus gañando terreo, hoxe o cómputo semanal está en 25 diagnósticos e  fai sete días era de só 13. Iso si, o empeoramento compostelán é por agora recente e moderado. De feito aínda non se percibe a penas na súa gráfica a 14 días:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA


Vigo, a área máis afectada pola cuarta onda, continúa reducindo a súa cantida de casos activos. Descenso que non se aprecia en ningún dos outros distritos sanitarios de Galicia, polo menos dunha maneira relevante.  



A nivel galego en canto aos casos activos encadean cinco xornadas consecutivas de levísimo descenso e sitúanse en 2.977, que implican sete menos que o día pasado, ao haber de novo máis altas (128) que contagios (121).


Por áreas sanitarias, as infeccións activas redúcense nas da Coruña e Cee (-19), Ourense (-7) e Pontevedra e O Salnés (-1); soben nas de Santiago e Barbanza (+16) e Lugo (+4) e mantéñense nas de Vigo e Ferrol.

Deste xeito, a de Vigo mantense á cabeza, con 825 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 690; Pontevedra e O Salnés, con 481; Santiago e Barbanza, con 422; Ourense, con 246; Lugo, con 226; e á cola segue a de Ferrol, con 87.  


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Pola súa banda, os novos contagios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba na Comunidade galega seguen a tendencia descendente do inicio desta semana e baixan a 121 tras arrincala con 152, que supoñen 31 menos.

Do total de novos positivos, 103 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas no conxunto de Galicia, deles 30 na área de Santiago e Barbanza; 21, na de Pontevedra e O Salnés; 15, na da Coruña e Cee; 14, na de Vigo; 12, na de Lugo; oito, na de Ourense; e tres, na de Ferrol.  


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, os pacientes Covid ingresados en UCI descenden a 43, tres menos, e os que permanecen noutras unidades redúcense a 147, que implican 16 menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo, Ourense, Ferrol e Lugo; mantense na de Santiago e Barbanza; e incrementa lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés.

Así, na da Coruña e Cee aínda que seguen 12 pacientes Covid en UCI, descenden a 46 os que permanecen noutras unidades --catro menos--; mentres que na de Vigo seguen 14 en críticos e descenden a 31 os doutras unidades --nove menos--.

Pola súa banda, a de Ourense conta con tres pacientes Covid ingresados en UCI --dúas menos-- e 13 noutras unidades --dúas menos-- e a de Lugo segue cun en críticos e reduce a sete os doutras unidades --dúas menos--.

No que se refire ao área sanitaria de Ferrol, redúcense a un os pacientes Covid hospitalizados en UCI --uno menos-- e proseguen sete noutras unidades. 

ZKjBW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (2)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE