​O Obra, coa permanencia no bote, xa espera a Coruña e Breogán en ACB

O baloncesto galego podería contar con tres equipos a próxima tempada en ACB.  O banco do Obra celebra na vitoria ante Estudantes | Foto: @OBRADOIROCAB O triunfo do Mombus Obradoiro ante Movistar Estudantes certificou matematicamente o que estatisticamente xa era un feito: Santiago e Galicia contarán, por onceavo ano consecutivo, cun equipo na elite do baloncesto nacional.


|

O baloncesto galego podería contar con tres equipos a próxima tempada en ACB. 


Obradoiro

O banco do Obra celebra na vitoria ante Estudantes | Foto: @OBRADOIROCAB


O triunfo do Mombus Obradoiro ante Movistar Estudantes certificou matematicamente o que estatisticamente xa era un feito: Santiago e Galicia contarán, por onceavo ano consecutivo, cun equipo na elite do baloncesto nacional. A ACB volverá escoitar 'Ou Miudiño' a próxima tempada, esperemos que con público, á espera de saber se será só o Fontes do Sar o único pavillón con acento galego a próxima tempada.


Unha sólido Obra impúxose con solvencia en Madrid ao Estu, que con esa derrota, e a pesar de que ten todo de fronte para salvarse, complícase a permanencia. E todo grazas a, en gran medida, a superlativa actuación de Robertson, que superou á mellor versión de Avramovic nos madrileños. O canadense conquistou a capital con 31 puntos, que representan case un terzo da anotación do cadro compostelán que pechou o duelo cun 83-94 no luminoso, que sempre lle foi favorable a pesar dos apuros finais.


Con todo dito esta tempada, agora os ollos do baloncesto galego póusanse na LEB Oro, onde Leyma Coruña e Breogán compiten por un billete á ACB. Esta xornada foi desigual para os dous equipos. Mentres que os herculinos escalan posicións graias á súa vitoria en Almansa, o Breo retrocede e deixa a cabeza da clasificación ao Selecta e aos seus veciños da Coruña a falta dun só partido. Os lucenses caeron con merecemento en Alacante e prodúcese, así, un triplo empate na pugna polo liderado.


O vindeiro domingo Breogán recibirá a Almansa, Coruña a TAU e Selecta visita Oviedo. Sen dúbida son os coruñeses os que teñen o peor calendario nunha última xornada de infarto. Pola súa banda, con dúas derrotas a semana pasada, Ourense tamén se complica a súa permanencia en LEB Oro. Aos ourensáns réstanlle aínda tres xornada por xogar, a primeira delas este mércores en Lleida, e necesitan, polo menos, unha vitoria para asomar a cabeza fose do pozo.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE