A policía controlará sobre todo zonas con moitos mozos e níveis altos de covid, advirte Miñones
A poucas hora do fin de estado de alarma, o Delegado do Goberno pide responsabildade e reúne aos corpos de seguridade para coordinar a nova vixilancia
Sobre Portugal, Miñones sinala que a fronteira pode estar aberta, pero que hai que cumprir outras normas, como a que impide reunións de non conviventes de madrugada
Reunión do CECOR este venres nunha foto da Delegación do Goberno
As forzas e corpos de seguridade centrarán o control e vixilancia nas zonas de máis risco e entre os colectivos menos vacinados como obxectivos prioritarios a partir do fin do estado de alarma o vindeiro domingo 9 de maio.
Así o explicou o delegado do Goberno, José Miñones, na reunión do Centro de Coordinación Autonómico (CECOR) que tivo lugar este venres e tras a cal explicou que os obxectivos se debe a que son os colectivos "máis expostos" ante a pandemia.
FRONTEIRA CON PORTUGAL
Miñones apelou á "responsabilidade" da cidadanía de Galicia para "non retroceder na actual situación da pandemia" e lembrou que, aínda que a fronteira de Portugal estea aberta, "os que decidan viaxar ao país veciño deberán ter en conta as restricións vixentes de mobilidade e actividades permitidas".
Tras a reunión, na que participaron os subdelegados do Goberno nas provincias, os representantes dos máximos corpos e forzas de seguridade do Estado en Galicia e a Fegamp, o delegado do Goberno reiterou a "máxima colaboración" coas autoridades sanitarias para a protección da saúde pública ante o próximo levantamento do estado de alarma.
José Miñones apelou á responsabilidade individual da cidadanía galega para "non retroceder" e lembrou que seguen "sendo imprescindibles as medidas de distanciamento e protección individual se se quere seguir avanzando na nova normalidade".
SENSIBILIZACIÓN
Ademais do comportamento cidadán, o delegado explicou que, tanto a Policía Nacional como a Garda Civil e as policías locais, seguirán desenvolvendo tarefas de vixilancia e de sensibilización de acordo coas novas medidas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia e das que valide o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Miñones explicou que a prioridade será a vixilancia nas zonas de maior incidencia da covid, as situadas no nivel de máximo riesgo. Ademais, prestarase atención especial aos colectivos con menor taxa de vacinación e aos concellos cun índice de poboación nova máis alto, como as áreas metropolitanas das cidades, para vixiar que se cumpran as novas medidas de horarios e reunións.
En canto á apertura das fronteiras e o fin do peche perimetral de Galicia, lembrou que aínda que os pasos estean abertos, as persoas que decidan viaxar ao país veciño deberán ter en conta as restricións vixentes de mobilidade e actividades permitidas.
Escribe o teu comentario