Abril deixa case 10.000 parados menos en Galicia, o maior descenso por entre as Comunidades Autónomas

É a diminución do desemprego máis pronunciada tanto en termos absolutos como en relativos

|

O de Galicia é o maior descenso a nivel estatal neste mes de abril, un 5,5% por encima da media nacional. 


Se atendemos ás cifras a un ano vista, o descenso no desemprego desde abril do pasado ano supón unha caída en máis de 20.000 as persoas paradas. 


O paro rexistrado baixa en Galicia en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 9.941 persoas en abril respecto ao mes anterior, un 5,5%, por encima da media (-1%), ata situar o total en 170.778 desempregados.


En comparación con abril de 2020, en pleno confinamento, son 20.851 persoas menos en paro, o que implica unha caída de dous díxitos, en concreto, do 10,88%.

A caída intermensual é a maior por comunidades autónomas tanto en termos absolutos (por encima das 8.715 persoas que saíron do paro en Cataluña) como en relativos (máis que o 2,91% da Rioxa).



No conxunto estatal, o desemprego baixou en 39.012 persoas en abril (-1%), o seu maior retroceso neste mes desde o ano 2012, cando só descendeu en 6.632 persoas, segundo datos publicados este mércores polo Ministerio de Traballo, que destacou que nos dous últimos meses (marzo e abril) preto de 100.000 persoas abandonaron as listas do paro.


Por provincias, o maior descenso en números absolutos foi o de Pontevedra, ata un total de 66.120 parados, ao baixar en 4.070, un 5,8%. Con todo, en termos relativos foi maior a diminución de Lugo, do 6%, con 1.086 desempregados menos, ata 17.002.

En Ourense a caída foi do 5,65%, ata 19.121 persoas en paro, 1.144 menos; e en A Coruña do 5,04%, ata 68.535, con 3.641 desempregados menos.


Segundo sector de actividade, a redución do paro concentrouse no sector servizos, con 6.839 persoas menos nesta situación. Baixou en 771 na construción, en 468 na agricultura e en 455 na industria. Mentres, saíron do desemprego 1.408 persoas do colectivo sen emprego anterior.

O paro rexistrado entre estranxeiros na comunidade galega alcanza a 11.916 persoas: 1.309 menos que en marzo (-9,9%) e 486 menos que no mesmo mes do ano pasado (-3,92%). Deles, 3.884 comunitarios e 8.032 extracomunitarios.


CONTRATACIÓN

Mentres, os contratos, 65.622, son 3.618 máis que en marzo (+5,84%) e 41.748 máis que en abril de 2020 (+174,87%). Deles, 7.463 indefinidos e 58.159 temporais.



Só baixou en Ourense, con 4.915 contratos, 134 menos (-2,65%). Ao lado contrario, subiu en 3.311 na Coruña (+13,34%), ata 28.124; en 125 en Lugo (+2,08%), ata 6.127; e en 316 en Pontevedra (+1,21%), ata 26.456.




PRESTACIÓNS

Mentres, o gasto total en prestacións --cuxos datos levan un mes de atraso con respecto aos do paro-- alcanzou os 121,45 millóns en marzo, cunha contía media da prestación contributiva percibida de 819,9 euros.

Os beneficiarios situáronse en 106.540, deles 51.538 de prestacións contributivas, 47.585 de subsidios, 7.417 de renda activa de inserción.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE