Sindicatos marchan desunidos en Galicia nun 1 de maio con menor afluencia

Ningunha das dúas principais manifestacións en Vigo consegue xuntar máis de 1000 asistentes segundo a policía local.


|

Ningunha das dúas principais manifestacións en Vigo consegue xuntar máis de 1000 asistentes segundo a policía local.


Marcha de UXT e CC.OO. En Vigo durante o 1 de Maio de 2021

CC.OO. e UXT  compartiron marcha en Vigo

Máis de 2.000 persoas, unhas 1.500 segundo a Policía Local, marcharon este sábado polas rúas do centro de Vigo nos actos centrais convocados polos sindicatos con motivo do 1 de maio, para reivindicar que "agora toca cumprir cos traballadores" e para urxir unha "saída xusta" da crise, nunhas manifestacións menos concorridas que as dos últimos anos e marcadas polos protocolos anti-covid.

Así, pasadas as 11,30 horas púxose en marcha a manifestación convodada por CC.OO e UXT, cunha afluencia de preto dun milleiro de persoas (580 segundo a Policía Local), e na que participaron os responsables galegos de ambas as organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez.

Sarmiento puxo en valor o carácter reivindicativo desta xornada, especialmente despois de que non puidese celebrarse o pasado ano pola pandemia, e chamou a "sentar unhas bases distintas para a saída da crise". "Estamos comprometidos para facer deste duro episodio unha oportunidade para a clase traballadora. Hai que facer reformas atendendo ás demandas da maioría social", proclamou, e engadiu que este 1 de maio "é un día de expresión de dignidade".

Pola súa banda, José Antonio Gómez incidiu en que "agora toca" que o Goberno cumpra os seus compromisos de derrogar as reformas laborais e das pensións, e de incrementar o Salario Mínimo Interprofesional, porque "non pode ser que outra vez sexan os traballadores os que paguen a crise".

Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de "reforzar os servizos públicos", especialmente aqueles que serviron para coidar ás persoas na pandemia, como os sociosanitarios, que xa arrastraban unha gran "deterioración" tras a crise de 2008. Para iso, recalcou, hai que reformar as politíticas impositivas, para "que paguen máis os que máis teñen", así como "combater a fraude e a evasión fiscal".

"SAÍDA GALEGA Á CRISE"
Mentres, o secretario nacional da CIG, Paulo Carril, que participou na marcha deste sindicato (cunha afluencia dunhas 1.200 persoas, 600 segundo a Policía Local) reclamou "unha saída galllega xusta á crise", así como "políticas alternativas" ás que agora están a provocar "a desertización industrial e social de Galicia".

Carril denunciou que a actual "crise pandémica" veu a "multiplicar os efectos" da aínda vixente crise económica anterior e lamentou que as políticas agora "volven exporse nas mesmas coordenadas de salvar empresas, socializar os custos e privatizar os danos".

A ese respecto, criticou as "políticas suicidas" do PP na Xunta e a actuación do Goberno central "que se di de esquerdas" pero "volve eludir cuestións crave". "É intolerable que a crise avance sen que se derroguen as reformas que provocaron esta situación desastrosa", denunciou, á vez que censurou que o Executivo central se avenga a aceptar as "esixencias severas" da UE para acceder a fondos de recuperación.

Finalmente, o líder nacional da CIG tamén reivindicou o "dereito de autodeterminación" para que Galicia decida o seu futuro, así como a liberación das patentes das vacinas contra o COVID-19, para "acabar co monopolio" das farmacéuticas e a "mercantilización" da saúde.

Ademais destas marchas, as rúas de Vigo tamén foron escenario da manifestación convocada por CUT, CXT, Sindicato Ferroviario e STEG, na que participaron unhas 350 persoas, segundo fontes policiais, baixo o lema 'O capitalismo: a auténtica pandemia'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE