Excelentes datos confirman que Galicia está finiquitando á cuarta onda de coronavirus

Os cómputos de positivos reflicten xa unha caída desde a semana pasada que desgraciadamente aínda non nótase nos hospitais.


|

Tres das sete áreas sanitarias do país non chegan nin a seis novos diagnósticos


A autonomía baixa de 100 positivos por vez primeira en case un mes e Ferrol só suma un novo diagnóstico


A baixada de positivos non se debe a menos test, a taxa de positividade está nun dos niveis máis baixos da pandemia







Os  86 novos positivos confirmados por PCR reducen a incidencia acumulada semanal a  40,2 diagnósticos por cada 100.000 galegos á semana. Este indicador non estaba tan baixo desde o 19 de abril tras encadear catro xornadas á baixa. 


Abrindo o foco, a incidencia acumulada bisemanal non era tan grande desde o 23 de abril. Hoxe cae de 87,2  85,5 a positivos por cada 100.000 galegos nos últimos 14 días. Esta serie baixou no últimos catro días, aínda que só menos de tres puntos.


Con todo, a tendencia xeral é visiblemente á baixa nas dúas incidencias acumuladas, os indicadores que miden os niveis de positivos.


taxa de positividade segue controlada. Tras o  1,3% de onte, que é a mellor porcentaxe desde o 7 de marzo, a media semanal ponse no 1,9% , continuando unha tendencia de claro descenso desde mediados de abril.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Tras o excelente 1,3% de onte, a media da taxa de positividade ponse en segundo mellor rexistro no que levamos de ano. Cada vez queda máis lonxe o 4%, límite máximo do mellor nivel posible, nova normalidade, no que aguanta Galicia desde mediados de febreiro.


As dúas incidencias acumuladas aínda seguen en risco medio, máis próximas ademais a risco alto que a baixo. Con todo, as dúas chegaron a un pico hai uns días e teñen unha tendencia á baixa cada vez máis clara. De seguir así, Galicia non ten porqué volver nunca a risco alto, segundo os criterios do semáforo estatal para estes indicadores.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A derivada da curva de casos activos confírmanos a melloría. De feito, hoxe os casos activos caen un -2,4%, que é o maior descenso en máis dun mes. Son 75 menos nun só día que reducen o total a 3.030 casos activos.




A media móbil a 7 días, o indicador máis relevante, dá un paso de xigante cara a cero e pasa de +0,4% a +0,1%. É dicir, desde unha perspectiva semanal, Galicia está a piques de conseguir de que cada día o SERGAS teña que xestionar menos e menos enfermos. Cando este indicador empezo a moverse por algarismos negativos, poderemos afirmar que a cuarta onda estase extinguiedo.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas para analizar, podemos inferir que:

  • A pandemia está a frear en Galicia de forma visible desde a semana pasada. O feito de que a incidencia acumulada a 14 días encadea catro xornadas seguidas descendendo é moi relevante. É un indicador que depende de datos de moitos días, polo que non cambia de rumbo facilmente. Se leva catro días caendo, o normal é que siga descendendo. Polo menos ata que entre en xogo algún novo factor.
  • O mérito de que esta cuarta onda vaia camiño de extinguirse cunha mera olita non é só da pandemia. Tamén da gran capacidade do SERGAS para completar PCRs nos últimos meses. Por exemplo, en agosto pasado, cando había uns niveis similares de virus, a taxa de positividade roldaba o 4 ou 5%. Por entón, incluso pacientes sintomáticos tiñan problemas para facerse unha PCR se o seu caso non aparentaba grave. Agora hai cribados masivos constantes mesmo en localidades pequenas -por exemplo en Laza van realizar 400 test tras saltar unha ducia de positivos- e a taxa de positividade caeu por baixo do 2%.
  • A única nube no horizonte próximo é o fin do estado de alarma. Sabemos que o aumento de mobilidade supón sempre, irremediablemente, máis contagios. Pasou no verán pasado, pasou en Nadal con tráxicas consecuencias e pasou tras Semana Santa, aínda que moito menos.
DATOS POR ÁREAS


Hoxe tres áreas sanitarias non chegan nin a 6diagnósticos. De feito, Ferrol iguala o seu récord anual e queda só en 1 mentres Lugo bate o seu récord de 2020 con só 3 e Ourense tamén bate a súa marca con só 5.





Os cómputos de positivos reflicten xa unha caída desde a semana pasada que desgraciadamente aínda non nótase nos hospitais. Os enfermos críticos seguen en 50, trece deles ingresados na área da Coruña e 12 en Vigo.  Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE