Galicia parece preto de dobrar a curva da cuarta onda de covid esquivando así o retorno a risco alto

Os datos de hoxe apontoan as esperanzas de que a chaira actual se empezo a transformar a en un leve descenso nos próximos días. Con todo, a cifra de positivos segue sendo relevante, preto de 200 ao día de media, e as hospitalizacións e decesos subiron un pouco respecto a mediados de mes. 


|

Os datos de hoxe apontoan as esperanzas de que a chaira actual comece a transformarse nun leve descenso nos próximos días


Con todo, a cifra de positivos segue sendo relevante, preto de 200 ao día de media, e as hospitalizacións e decesos subiron un pouco respecto a mediados de mes 


Iso si, os falecementos e hospitalizacións resultantes non teñen nada que ver con outras ondas, grazas ao avance da vacinación dos maiores



Os  novos positivos confirmados por PCR hoxe son 194 e axudan a baixar un pouco a incidencia acumulada semanal de 45,4 a 44,2 . Este indicador, o máis importante para a Xunta, está practicamente plano. Leva oito días oscilando moi pouco, entre 43 e 45 casos por cada 100.000 galegos á semana.


Abrindo o foco, a incidencia acumulada bisemanal tamén descende un pouco. Hoxe cae de 88,6 a 88,4 positivos por cada 100.000 galegos nos últimos 14 días. Con todo, esta serie aínda mantén unha lixeira tendencia á alza, aínda que se vai aplanando. 


taxa de positividade segue controlada. Tras o  2,3% de onte a media semanal ponse no 2,1% , continuando unha evolución con leve tendencia á baixa desde o 17 de abril, cando chegou a 2,6%. 


SITUACIÓN NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Galicia non sofre escaseza de PCRs para rastrexar do nivel de contagios actual. A media móbil a sete días está en máis de 8.000 PCRs cada xornada e subindo. 


A taxa de positividade leva por baixo do 4% desde o 21 de febreiro. Isto significa que o SERGAS está a manter ao país no mellor dos niveis posibles nos criterios do semáforo oficial de alertas para este indicador.


As dúas incidencias acumuladas continúan en risco medio, pero máis preto do risco alto. A tendencia xeral é case plana. Os leves descensos dos dous indicadores hoxe apontoan as esperanzas de que Galicia dobre as curvas desta onda a principios de e non regrese nunca a risco alto grazas ao verán e ao avance da vacinación.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A derivada da curva de casos activos confírmanos que, aínda que a pandemia está a gañar un pouco de terreo, o seu avance está a perder brío nas últimas xornadas. Os casos activos caeron un -0.3% onte, primeiro día que baixan en 10 xornadas. 





Con todo, o máis relevante é a media móbil a sete días. A cifra de hoxe axuda a rebaixala de +1,2% a +0.8%. 


A curva describe este indicador, o mellor para seguir o rumbo da pandmeia, é o de unha onda na que o covid empezou conseguir aumentar os infectados en torno ao 8 de abril, chegou ao seu apoxeo o 18 de abril cun modesto +2,6% e desde entón retírase pero, como é habitual, moi lentamente, cun descenso máis paulatino que o ascenso.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas para analizar, podemos inferir que:

  • A pandemia está nun chairo, con levísimas oscilacións. Se a analizamos a 7 días, poderiamos dicir que a tendencia xeral é lixeiramente á baixa. Se a analizamos a 14 días, poderiamos dicir que a tendencia xeral é lixeiramente á alza.
  • A relavante caída da curva da derivada de casos activos afirma as esperanzas de que a tendencia xeral convértase pronto nun visible descenso.
  • A razón de taxas actualmente é 1. É dicir, o dobre da incidencia semanal (44,2) equivale exactamente á incidencia bisemanal (44,8). Isto quere dicir que a última semana houbo os mesmos positivos que a penúltima. Esta chaira perfecta supón unha lixeira mellora respecto a xornadas anteriores, cando o dobre da semanal era superior á bisemanal. Outro indicador máis que apunta a unha levísima mellora.
  • Outro sinal de estabilidade é a tendenciatendencia á alza dos hospitalizados. Estamos en 165, cando empezamos o mes en 182 e chegamos a baixar a 141. Son oscilacións relevantes, pero asumibles polo sistema sanitario sen maior problema e dunha escala do todo diferentes ás avalanchas de anteriores ondas.

DATOS POR ÁREAS

Ningún distrito sanitario suma hoxe un numero excepcional de positivos. Os datos que máis chaman a atención son de novo os de Ferrol, con só 4 positivos. Esta área leva toda a semana sumando menos de dez diagnósticos por día. 

I3OMx

O tenue desta cuarta onda non quere dicir que non teña consecuencias. Galicia chegou a ter menos de 30 enfermos críticos e xa está en 49. O ritmo de falecementos, 2 onte, tamén subiu un pouco, pois antes da cuarta onda encadeamos sete días con ningún ou só un deceso, tres en toda unha semana.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE