Máis de 200 positivos outra vez aínda que as medias do covid seguen case planas e soben as PCR

A pandemia parece nun punto de inflexión. O crecemento da cuarta onda detívose pero aínda non empezou o descenso. As malas cifras de hoxe poden facer pensar a un pesimista que estamos en vésperas doutro repunte. Con todo, as medias semanais están planas case por completo e a taxa de positividade segue baixa. Ademais, hai que considerar que o SERGAS está a pisar o acelerador das PCRs, polo que é esperable ata certo punto máis positivos.


|

A pandemia parece nun punto de inflexión. O crecemento da cuarta onda detívose pero aínda non empezou o descenso.


As malas cifras de hoxe poden facer pensar a un pesimista que estamos en vésperas doutro repunte. Con todo, as medias semanais están planas case por completo e a taxa de positividade segue baixa. 


Ademais, hai que considerar que o SERGAS está a pisar o acelerador das PCRs, polo que é esperable ata certo punto máis positivos.




Os  211 novos positivos confirmados onte por PCR alzan a incidencia acumulada semanal a  45,4. É a segunda maior cantidade de diagnósticos diarios desde o fin da terceira onda.


A incidencia semanal non estaba tan alta desde o 2 de marzo. Con todo, o seu crecemento nas últimas xornadas é moi pequeno. De feito, levamos catro días movéndonos entre 45 e 45,4 positivos por cada 100.000 galegos á semana.


Abrindo o foco, a incidencia acumulada bisemanal aumenta máis dun punto, de 87,3 a 88,6. Non era tan grande desde o 6 de marzo. A súa tendencia é lixeiramente á alza.


RAZÓN DE TAXAS

O dobre da incidencia a sete días (90,8) é maior que a incidencia a 14 días. Isto quere dicir que a velocidade de crecemento dos positivos aumentou na última semana respecto a a penúltima, aínda que moi levemente. 


taxa de positividade continúa controlada. Tras o  2,3% de onte a media semanal ponse no 2,2% , prolongando un comportamento de leves altibaixos que dura case dous meses. Desde principios de marzo que a media semanal non supera o 3%.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Galicia segue tendo, por tanto, músculo diagnóstico suficiente para trazar os contagios, de manterse os presentes niveis de transmisión. Calquera taxa semanal de positividade por baixo do 4% implica que a autonomía está no mellor dos niveis posibles para este criterio no semáforo oficial de alertas.


As dúas incidencias acumuladas continúan en risco medio, pero máis próximas a risco alto que a risco baixo. Os dous indicadores están nunha fase de leves altibaixos, sen unha tendencia clara. De feito, a incidencia semanal está nunha chaira case perfecta desde fai catro días, aínda que as cifras de hoxe non son boas. 211 novos positivos son bastantes e alimentan o temor de que este momento de indecisión derive nun novo ascenso:


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

Normalmente. a derivada da curva de casos activos é o indicador máis sensible aos cambios de rumbo, o que primeiro predicir se a pandemia acelera ou frea. Con todo, da súa análise actual tampouco se poden tirar conclusións claras, pois a súa media semanal tamén está practicamente plana.



O aumento de casos activos hoxe é considerable, un 2,4%, 74 máis que elevan o total a 3.122 casos activos. Con todo, o importante para analizar a tendencia da pandemia é a media móbil a sete días. Indicador que encadea cuarto día consecutivo practicamente plano, movéndose entre o 1,2% de hoxe e o 1,3% de antonte.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas para analizar, podemos inferir que:

  • A pandemia está estable case por completo en Galicia, cunha ligerísima tendencia á alza. A principios de semana parecía que a cuarta onda ía remitir xa, pero aínda non empezou esa desexada baixada.
  • É imposible predicir se esta chaira virá seguida dun desenso ou dunha nova alza. As cifras de hoxe non son boas e de repetirse a tendencia xeral volverá crecer.
  • En todo caso, hai que analizar esta posible alza con perspectiva. Acaba de empezar un programa de PCR gratis e a demanda para calquera adulto da provincia de Pontevedra. Isto contribuirá a aumentar a cantidade de test.
  • De feito, a cantidade de PCRs xa está a aumentar cos cribados masivos en varias localidades. Onte o SERGAS completou máis de 9.200 PCR, que é a cifra máis alta desde principios de febreiro. A media semanal está xa en máis de 8.000 ao día e é esperable que creza aínda máis co novos test nas farmacias de Pontevedra. Non sería sorprendente pois unha alza de positivos nos próximos días, aínda que isto non necesariamente implicará que a situación empeora se a taxa de positividade seguen sendo tan baixa como agora.

DATOS POR ÁREAS

A área sanitaria de Vigo segue sendo a que presenta unha evolución máis preocupante, aínda que hai que matizar que tamén é a área que está a facer máis cribados masivos. Hoxe achega 77 dos 211 diagnósticos do país, máis do dobre que a seguinte, A Coruña, que achega 33. 





A Coruña é o único distrito onde hoxe caen os casos activos e Vigo vai camiño de superar os 1.000. pois xa ten 934. Ferrol é a área con mellor comportamento recente. Encadea tres días con menos de 10 diagnósticos, 7 onte. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress. 



I3OMx



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE