Novos cribados en Marín tras saltar 20 positivos nos últimos días a pesar de que o 36% non acode

O Sergas realiza novas convocatorias esta semana nas localidades de Marín e Carballo (A Coruña)

|

A baixa participación nos cribados está a ser unha das barreiras para conter a alza do coronavirus, que en comarcas como a de Pontevedra é considerable


O CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín é un dos grandes focos recentes en Galicia, con case 20 contagios por agora


Fachada do colexio A Inmaculada de Maru00edn nunha imaxe de Google News

Fachada do colexio A Inmaculada de Marín nunha imaxe de Google News 



Os cribado poboacionais con PCR efectuados en pasados días no municipio pontevedrés de Marín con 4.157 persoas convocadas, das que asistiu case un 64%, saldáronse con 20 positivos de Covid-19 detectados.

Así o informou este luns a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que puntualizou que foran citadas 4.157 persoas dos sectores educativo, empresarial e poboacional, das que asistiron voluntariamente 2.650, o que supón o 63,75 por cento.

Eses cribados voluntarios tiveron lugar entre o 21 e 23 de abril, un deles no centro CPR Inmaculada con 537 citados, dos que foron testados 500, e que se saldou con dous positivos.

As mesmas fontes sanitarias sinalaron que nunha empresa do sector da pesca de Marín de 120 convocados participaron 117, e as probas saldáronse con 11 positivos por Covid-19.

Ademais, nun cribado poboacional a persoas de 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste municipio, dos 2.650 cidadáns participantes obtivéronse sete positivos.

NOVOS CRIBADOS
Ao longo desta semana, o Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continuará con novos cribados preventivos en centros educativos do municipio de Marín co fin de detectar posibles novos casos asintomáticos deste coronavirus.

Para levar a cabo estes cribados, equipos de traballo efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofaríngeas e información dos usuarios.


CRIBADO EN CARBALLO

Así mesmo, a área Sanitaria da Coruña e Cee asegura que continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que desde este martes día 27 ata o xoves, 29 de abril, terá lugar no municipio de Carballo un cribado poboacional mediante test PCR aos veciños de entre 40 e 50 anos.

O lugar elixido para as probas será o Centro de Saúde de Carballo, onde uns 5.160 veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles en horario de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE