Os posibles restos dun ritual con sangue baixo investigación tras un achado en Lugo
Un veciño do barrio de Castro Gil, en Lugo, atopou na tarde do sábado unha caixa de cartón con velas, coroas de flores e sangue que a Policía Científica xa analiza para, principalmente, determinar se é de orixe animal ou humano.
A presenza dun trapo con sangue desata o interese da Policía tras o achado dunha estraña caixa ás beiras do Miño
As flores aínda se podían ver no Río Miño cando as filmou unha cámara da CRTVG
Un veciño do barrio de Castro Gil, en Lugo, atopou na tarde do sábado unha caixa de cartón con velas, coroas de flores e sangue que a Policía Científica xa analiza para, principalmente, determinar se é de orixe animal ou humano.
SANGUE ANIMAL Ou HUMANO?
Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, o home localizou a caixa nunha zona próxima ao río e, cando a ía a tirar, decatouse de que contiña un anaco de tea con sangue, polo que decidiu poñelo en coñecemento da Policía Nacional.Os axentes compareceron no lugar e tomaron as correspondentes mostras para investigar a orixe do sangue, se é animal ou humana. "Iso é o primeiro", insisten as mesmas fontes.
Ademais, sobre o motivo deste estraño achado, explican que serán estas mesmas probas as que axuden a determinar "se hai algo importante" detrás ou se, en cambio, trátase de algún tipo de ritual ou quizá "unha broma".
Escribe o teu comentario