Récord de positivos desde o 26 de febreiro pero hai indicios de que a 4ª onda pode tocar teito pronto

A velocidade do aumento de casos activos está estabilizada. En teoría, isto indícanos que o ascenso está a tocar teito e os contagios deberían remitir pronto.


|

A cuarta onda do coronavirus en Galicia segue acelerando. O país supera os 200 positivos diarios confirmados por PCR por vez primeira desde o 26 de febreiro.


Con todo, a velocidade do aumento de casos activos está estabilizada. En teoría, isto indícanos que o ascenso está a tocar teito e os contaxios deberían remitir pronto.




Os 226 diagnósticos confirmados por PCR elevan a incidencia acumulada semanal a 44,2 positivos por cada 100.000 galegos. É a peor cifra desde o 2 de marzo. A diferenza é que entón a terceira onda estaba a morrer e agora levamos unhas semanas da cuarta. Este indicador subiu a en doce do últimos catorce días.


Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia acumulada a 14 días crece bastante, de 81,2 ata 85.  Hai que remontarse ao 7 de marzo para atopar unha cifra tan mala. Este indicador creceu en catorce do últimos dezaoito días.  Non hai por tanto, unha situación de estabilidade como dixo a Xunta o martes.


A taxa de positividade semanal mantense no 2,5%, tras o 2,7% de onte. Galicia non sofre escaseza de PCRs, como demostran os recentes macrocribados. Desde o 21 de febreiro, o SERGAS mantén a taxa de positividade semanal por baixo do 4%, situando ao país no mellor nivel posible de o semáforo de alertas, nova normalidade, no referido a este criterio.


VALORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

No referido aos criterios que miden o nivel das incidencias acumuladas, as cifras nunca foron tan ben como as da positividade. Ademais, agora están a empeorar.  As dúas incidencias seguen en risco medo avanzando cara a risco alto. 


O 44,2 da semanal sitúaa a menos de seis puntos de cincuenta, que é o límite entre risco medio e alto.  De repetir un salto como o de hoxe, este indicador, que é o máis importante para o SERGAS, volverá entrar en risco alto en cinco ou seis días, antes de que acabe o mes:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS


As boas noticias, ou polo menos os datos que permiten albergar máis optimismo, veñen hoxe  de as cifras de casos activos. Volven crecer, pero crecen o mesmo que onte, 64 infectados máis, elevando o total ata 2.875 casos activos .


Unha nova indicación de que, aínda que a pandemia está a gañar terreo, os positivos deixaron de vencer a súa batalla diaria contra as curacións cada día por máis vantaxe. 



En termos porcentuais, a cantidade de casos activos aumenta hoxe un 2,3%. Sempre é malo que aumenten os casos activos, pero ese 2,3% vai na liña dos crecementos desta semana e contribúe a que a media móbil semanal, o indicador máis relevante, a penas creza, pasa do 2,3% ao 2,4%. É o quinto día que oscila nunha estreita banda, entre o 2,3% e o 2,6%. É dicir, está a estabilizarse.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras á nosa disposición, podemos inferir que:


  • Se a media semanal da derivada de casos activos estabilízase, iso significa que a pandemia está a deixar de acelerar. Segue crecendo, pero ao mesmo ritmo, non cada vez máis rápido, como a semana pasada.
  • A experiencia doutras ondas indícanos que unha vez estabilizada a velocidade de crecemento, debese chegar a freada. De conseguilo, Galicia lograría converter a cuarta onda nunha 'olita'.
  • Con todo, a descrición que fixo o SERGAS o martes de estabilidade é enganosa e pode fomentar unha perigosa sensación de falsa seguridade. Hai semanas que a pandemia está a crecer por tanto cada día o risco de contaxio é maior. Certo que crece a un ritmo moitísimo menor que nas explosivas ondas precedentes, pero crecendo e facendo retroceder ao país a niveis de virus similares aos de finais de febreiro. 
  • De lograr converter este ascenso finalmente nunha 'olita', é evidente que as vacinas terán gran parte do mérito. Así o testemuña a caída de mortes. Levamos só 8 decesos esta semana, que é a segunda mellor cifra semanal desde o verán. A mellor foi a semana anterior, cando só morreron 3 persoas. É dicir, a subida de positivos si se está traducindo xa en máis decesos, aínda que en cifras para nada comparables ás de traxedias anteriores.

ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Vigo segue sendo o epicentro desta cuarta onda en Galicia. Hoxe achega 82 dos 226 positivos de Galicia, case o 40%. O seu total de casos activos supera xa os 800, algo que non pasara nin en marzo nin en abril.



Os efectos da cuarta onda tamén se deixa notar nas UCIs, aínda que modestamente. Galicia chegou a ter menos de 30 enfermos críticos e agora conta con 43. Un dato relevante é o de Ourense, que iguala á Coruña como distrito con máis enfermos na UCI, con 10. Máis cifras a nivel de área sanitaria e de concellos nuns minutos en Galiciapress.


I3OMx  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (5)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE