Covid municipios: Vigo empeora a niveis non vistos desde febreiro e Ferrol está a un paso de caer a risco baixo


A situación na provincia de Pontevedra continua deteriorándose. A maioría da comarca de Arousa xa está en risco extremo, ao que tamén ascenden municipios da área de Vigo como Arbo e Ponteareas.


|

A situación na costa da provincia de Pontevedra continua deteriorándose e lidera a tendencia á alza a nivel galego.


A maioría da comarca de Arousa xa está en risco extremo, ao que tamén ascenden municipios da área de Vigo como Arbo e Ponteareas.


Onde vai mellorando a tendencia é O Barbanza, pois A Pobra, unha dos municipios confinados, abandona o risco extremo e pasa a risco alto e Ribeira tamén mellora.






Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Oleiros +1
  • Poio +1
  • Vilanova de Arousa +1
  • Culleredo +2
  • Cambados +2
  • Pontevedra +2
  • Ourense +4
  • Marín +4
  • Ames +5
  • Nigrán +6
  • Ponteareas +6
  • Vigo +16


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:

  • Cambre -7
  • Coruña (A) -4
  • Ribeira -3
  • Vilagarcía de Arousa -3
  • Gondomar -2
  • Pobra do Caramiñal A -1
  • Cangas -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

 

Analizando os datos a dúas semanas, Vigo non é só a cidade en peor situación, tamén mostra unha tendencia á alza. Pola contra, Santiago, que é a urbe cun nivel máis baixo, mantén a súa tendencia descendente:



A sete días Santiago mantense igual, pois o seu cómputo semanal hoxe non se move.  Ferrol é a única cidade que está moi preto de caer ao risco baixo do que xa goza Santiago, en amarelo no mapa, pois ten unha incidencia semanal de 26 e 25 é a fronteira entre risco medio e risco baixo.



Vigo é a peor cidade tanto a 7 como a 14 días e ademais hoxe crecen os seus dous indicadores, a pesar de que a maioría de vigueses pasou de presentarse ao cribado do SERGAS


Como de grave é a situación en Vigo? Pois a máis grave desde o 22 de febreiro, última data na que superaron os 451 positivos en dúas semanas actuais. Coa diferenza que por entón estaba a se extinguir a terceira onda e agora está a impactar a cuarta:




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

 O problema non é exclusivo de Vigo. Outros municipios da súa área están a experimentar considerables subidas. Por ejempla, Ponteareas subiu o seu cómputo semana de 14 a 30 en só seis días. Crecementos que alzan o cómputo de positivos do distrito sanitaria ata 789, o máximo desde o 28 de febreiro:





Con respecto aos casos activos a nivel galelgo, tras o lixeiro descenso rexistrado este martes pasado despois de once xornadas consecutivas de incremento paulatino, por segunda xornada seguida segue a tendencia ascendente e alcanzan os 2.875, que supoñen 64 máis, ao haber máis contagios (220) que altas (154), ao que se engaden dous falecementos.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden en cinco: Vigo (+29), A Coruña (+18), Ourense (+16), Lugo (+14) e Pontevedra (+9); mentres que baixan nas de Santiago e Barbanza (-11) e Ferrol (-1).

Por tanto, Vigo mantense como a área sanitaria con máis casos activos, con 789; seguida da da Coruña e Cee, con 699; Pontevedra e O Salnés, con 461; Santiago e Barbanza, con 350; Ourense, con 261; Lugo, con 211; e Ferrol, con 104. 

z

ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

En canto aos novos contagios detectados con calquera tipo de proba superan o limiar dos 200 e alcanzan os 220 no conxunto de Galicia, tras iniciarse a semana con 154, descender a 131 o martes e aumentar a 188 o mércores.

A Comunidade galega ha confirmado 200 positivos por PCR nas últimas 24 horas, 21 máis que a xornada anterior, dos cales 77 corresponden á área de Vigo; 47, á da Coruña; 34, á de Pontevedra e O Salnés; 20, á de Ourense; 11, á de Santiago e Barbanza; sete, á de Lugo; e catro, á de Ferrol. 



HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, 41 pacientes atópanse en UCI na Comunidade galega --un máis-- e 163 noutras unidades de hospitalización, que supoñen un máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en tres das sete: Vigo, Santiago e Barbanza e Lugo; alíviase nas da Coruña e Cee, Ourense e Pontevedra-O Salnés e mantense na de Ferrol.

En concreto, na área de Vigo soben a oito os pacientes Covid en UCI --dúas máis-- e a 33 os doutras unidades --dúas máis--; na de Santiago e Barbanza baixan a catro o críticos --un menos--, pero soben a 19 os doutras unidades --dúas máis--.

Tamén na de Lugo ascenden a nove os ingresados en unidades de hospitalización convencional --dúas máis-- e continúan catro en UCI; e na de Ferrol ascenden a dúas os pacientes críticos --un máis-- pero baixan a nove os doutras unidades --uno menos--.

Por contra, na área da Coruña e Cee caen a nove os pacientes en UCI --uno menos-- e a 54 os doutras unidades --uno menos--; mentres que na de Ourense aínda que se incrementan a nove o críticos --un máis-- se reducen a 16 os doutras unidades --dúas menos--.

E na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés descenden a cinco os pacientes Covid en UCI, o que supón un menos, e redúcense a 23 os que permanecen noutras unidades, un menos. 




3nVNj incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE