O SERGAS forzado a endurecer as restricións en Vigo catro días despois de alivialas ante a alza do covid

O comité clínico deste martes, que asesora á Xunta na toma de decisións, analizará a situación "preocupante" de Vigo e, aínda que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non quixo avanzar as decisións, si augurou que se terán que tomar medidas ante unha incidencia que se está disparando.

|

O venres entrou en vigor o alivio de restricións da Xunta, que atrasou o toque de queda e ampliou o horario dos restaurantes.


Este martes endureceraas, salvo sorpresa de última hora, como acaba de recoñecer o conselleiro, que insiste en que a situación xeral de Galicia "non é mala", a pesar de alza de casos


A incidencia acumulada semanal de Vigo está por encima de 75, polo que é a primeira cidade de Galicia que rebota tras a terceira onda a risco alto, segundo o criterio para este indicador do semaforo estatal. A incidencia acumulada a dúas semanas está en 148, a piques de pasar de 150 e así entrar tamén en risco alto.



O comité clínico deste martes, que asesora á Xunta na toma de decisións, analizará a situación "preocupante" de Vigo e, aínda que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non quixo avanzar as decisións, si augurou que se terán que tomar medidas ante unha incidencia que se está disparando. 


VALORACIÓN A NIVEL GALLEGO
En declaracións aos medios nunha visita Verín, destacou que, "por sorte, a situación de Galicia non é mala", pero alertou de que "preocupa a área sanitaria de Vigo".


"Evidentemente gustaríanos que a incidencia acumulada estivese por baixo de 50, pero aínda así, cos datos que temos hoxe, non é mala", considerou.

Actualmente, a incidencia é de 78por cada 100.000 habitantes, unha marca que obriga "a estar pendentes todo o intre das medidas" que se toman, principalmente, dos pacientes que se infectan.

UNHA SITUACIÓN DISPAR
Comesaña apuntou que a Xunta segue traballando para poñer todas as meidas co fin de que a situación "non vaia a peor", e, de feito, indicou que "os resultados o han ido demostrando".

Con todo, aínda que a situación en xeral é boa, non é "homoxénea" en toda Galicia. Así, hai zonas que "están nunha situación francamente boa, moitos concellos con ningún caso que se manteñen, pero tamén hai concellos onde se está incrementado".

COMO DE GRAVE É A SITUACIÓN EN VIGO?
No caso da área sanitaria de Vigo, a incidencia a sete días está por encima do limiar establecido para as medidas básicas, polo que será analizado no comité clínico deste martes e "tomaranse as medidas acordes á situación" de cada concello.  


Vigo superou hoxe os 75 casos por 100.000 habitantes á semana, o que eleva o seu nivel de risco desde medio ata alto.

Para os concellos de máis de 20.000 habitantes, o limiar para poñer as primeiras restricións está fixado o límite  nunha incidencia acumulada bisemanal 150, algo ao que non chega Vigo, pero "está moi preto".En concreto, ten 148 positivos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días.


Ademais, se multimplicamos a incidencia a unha semana por dous o resultado é máis de 150. Isto quere dicir que os datos en Vigo empeoraron máis na última semana, polo que, salvo brusco descenso de contagios, só é cuestión de tempo que os datos a dúas semanas tamén empeoren e suban do risco medio actual a risco alto.


A Xunta sempre di que o comité clínico toma en conta agora os valores a sete días como un dos parámetros principais, debido á prevalencia da cepa británica e variantes máis contaxiosas en xeral, de maneira que pretende actuar antes fronte ás incidencias. De acordo aos datos a sete días, os expertos deberían decretar máis restricións mañá para Vigo.

"Non me quero adiantar ao que se diga mañá (por este martes) no comité, pero o probable é que en Vigo teñamos que tomar medidas nestes próximos días", dixo Comesaña, quen defendeu que, onde houbo que poñer medidas adicionais despois de Semana Santa, "xa se puxeron".

HAI MUNICIPIOS QUE SEGUEN CON CERO CASOS
Comesaña lembrou que agora mesmo hai tres concellos con restricións máximas, é dicir, con peche perimetral e da hostalería --O Grove, A Pobra do Caramiñal e Cualedro--, pero tamén puxo o acento en que hai municipios "con cero casos" e que manteñen "un comportamento bo epidemiológicamente".






En todo caso, se entre o martes e o venres hai que "dar algún paso atrás, por suposto, darase", sentenciou o conselleiro de Sanidade.

Precisamente, o venres pasado entrou en vigor a ampliación do toque de queda ás 23 horas e a posibilidade de realizar ceas en locais de hostalería con licenza de restaurantes. 
8Hze2 coronavirus no concello de vigo evoluci n recente nbsp nbsp  (1)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE