O Obra toma aire antes do maratón de tres días que marcará a tempada

Os de Moncho Fernández xogaranse boa parte do curso esta fin de semana en dúas xornadas sen case descanso.


|

Os de Moncho Fernández xogaranse boa parte do curso esta fin de semana en dúas xornadas sen case descanso.


Obradoiro basket

Os xogadores do Obra celebrando a vitoria | Foto: @OBRADOIROCAB


A vitoria do Obradoiro ante Manresa, grazas en gran medida a un gran Robertson e aos fallos na selección de tiro do equipo catalán nos últimos minutos de xogo, foi unha verdadeira bombona de osixeno para un equipo que foi de máis a menos ao longo dunha campaña marcada polas lesións no posto de base e polo coronavirus, que deixou ao persoal en illamento todo un mes. A falta de oito partidos, moitas das opcións da permanencia dos composteláns pasan polo que fagan esta fin# de semana.


Os de Moncho Fernández mediranse este venres ante o Valencia Basket ás 21:15 e, sen tempo para saborear a vitoria ou analizar a derrota, reciben o domingo no Fontes do Sar a Gran Canaria, ás 17 horas. Menos de 40 horas de descanso entre un partido e outro e ante dous rivais moi esixentes e en dinámicas paralelas: ben en España, pero os trompazos en Euroliga -o Zenit roubou o último billete aos cuartos de final aos valencianos na última xornada- e EuroCup -o Mónaco arrasou ao Granca en semis- poden facer moita madeixa nos dous equipos.



Unha ferida da que se queren aproveitar os santiagueses unha vez que tomaron impulso tras a súa heroica remontada contra o Manresa. De sacar adiante un dos dous partidos daría moitas opcións para a permanencia, hoxe dúas vitoria por encima dos postos de descenso e tendo en conta que o Obra ten un partido menos que os seus inmediatos perseguidores, Estudantes e Fuenlabrada.


Con todo, é importante lembrar que os partidos ante rivais directos virán a partir desta fin de semana. O 25 de abril visita a cancha do Real Betis e e 9 de maio toca ir a Madrid a xogar ante Estudantes. Entre medias, ir ao Palau e recibir ao Andorra, o que supón unha serie de catro partidos nos que só un deles será en terras galegas. Pero antes de facer as contas da leiteira con Betis e Estu, o mellor é saír con bo paso desta fin de semana.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE