A Policía Nacional de Ourense operou "sen servizo de radiopatrullas" durante a fin de semana, denuncia SUP
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) emitiu este luns un comunicado para denunciar que a cidade de Ourense "estivo durante a maior parte da fin de semana sen servizo de radiopatrullas" da Policía Nacional, o que obrigou a "derivar os requirimentos" a outras forzas de seguridade.
O Sindicato Unificado de Policía denuncia o ocorrido na cidade termal, onde os axentes estiveron "a maior parte da fin de semana sen servizo de radiopatrullas".
Isto foi lastrou o servizo da Policía Nacional, como dar protección "de forma permanente" a unha vítima de violencia de xénero considerada de risco "de nivel extremo".
Policía Nacional | Foto: EP
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) emitiu este luns un comunicado para denunciar que a cidade de Ourense "estivo durante a maior parte da fin de semana sen servizo de radiopatrullas" da Policía Nacional, o que obrigou a "derivar os requirimentos" a outras forzas de seguridade.
Segundo o sindicato, esta situación prodúcese debido a que, á "detracción de persoal que supón a prestación de servizo na fronteira de Feces-Verín", sumóuselle esta fin de semana a custodia hospitalaria dun recluso do Centro Penal de Pereiro de Aguiar.
Esta custodia hospitalaria, lamentan os axentes, debería "estar a se realizar no novo Módulo de Seguridade Hospitalario, cuxas obras supostamente finalizarían e que debería estar xa en funcionamento".
Así mesmo, a esta situación engádeselle "a protección que houbo que prestar, de forma permanente, a unha vítima de violencia de xénero con nivel extremo, durante toda a fin de semana.
O SUP alerta deste xeito de "a problemática" e as "deficiencias" que ocasionou o peche da sala CIMACC do 091 en Ourense, así como o feito de que a Xefatura "non aceptase a proposta que, hai meses, esta organización sindical trasladoulle para reforzar os servizos diúrnos en días festivos e fins de semana".
Tampouco foi atendida, lamentan, a petición da dotación dunha partida de servizos extraordinarios remunerados para dar resposta ás necesidades do servizo existentes con persoal libre se servizo.
Escribe o teu comentario